Lista de emperadores bizantinos

Lista de emperadores bizantinos

Advertencias preliminares

  1. É difícil determinar cando exactamente termina o Imperio Romano e comeza o Imperio Bizantino. En 284, Diocleciano dividiu o Imperio Romano en dúas metades: oriental e occidental, con propósitos administrativos. Algúns historiadores sinalan como primeiro emperador bizantino a Constantino I, o primeiro emperador cristián, que mudou a capital imperial a Constantinopla. Outros sinalan a Valente, ao consideraren que a Batalla de Adrianópolis (378) é un dos puntos históricos distintivos frecuentemente utilizados para sinalar o comezo da Idade Media. Outros, a Arcadio, tratando a Teodosio I como último emperador dun Imperio Romano unificado, ou a Zenón, porque Rómulo Augústulo, último emperador de Occidente, foi deposto durante o seu reinado. Algúns datan o cambio tardiamente, con Heraclio, que substituíu o tradicional título romano de "Augusto" polo de "Basileus" e deixou de usar o latín, impoñendo o grego como lingua oficial. Os especialistas en numismática sinalan os cambios producidos por Anastasio I en 498, ao impoñer o sistema grego de numeración. Por certo, os bizantinos continuaron chamando "Romano" ao seu imperio por más dun milenio.
  2. Os agrupamentos dinásticos que aparecen neste artigo seguen a opinión máis xeneralizada entre os historiadores, pero outras fontes poden indicar agrupamentos lixeiramente distintos. De feito, algúns dos agrupamentos son convencionais, e non unha "dinastía" no sentido propio do termo.
Other Languages
Bahasa Indonesia: Daftar Kaisar Romawi Timur
srpskohrvatski / српскохрватски: Popis bizantskih careva