Linguas románicas

As linguas románicas de Europa.
As linguas románicas no mundo.

As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron do latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Magreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. [1] Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

O termo

Mapa do Imperio romano nos anos
-133 (vermello),
-44 (laranxa),
14 (amarelo), e
117 (verde).

Estas linguas falábanse ou continúanse falando nun territorio que cobre maioritariamente o sur europeo do antigo imperio romano. O primeiro escrito en que se atopa o termo romance, dunha forma ou outra, remóntase ao sínodo de Tours, no ano 813. A partir dese sínodo é cando se considera que a primeira lingua vulgar está separada do latín, e se designa en efecto como unha lingua á parte. Trátase dunha forma de proto-francés, que recibe o nome de romana lingua ou roman. Con todo, nos Cartularis de Valpuesta, hai un texto anterior que data do ano 804, e está escrito en castelán moi antigo.

A evolución do latín vulgar cara ás linguas románicas dátase grosso modo do xeito seguinte:

  1. entre -200 adC e 400 aproximadamente: diferentes formas de latín vulgar.
  2. entre 500 e 600: estas formas empezan a distinguirse entre si.
  3. a partir de 800: recoñécese a existencia das linguas románicas.
Other Languages
Afrikaans: Romaanse tale
Alemannisch: Romanische Sprachen
aragonés: Luengas romances
العربية: لغات رومنسية
azərbaycanca: Roman dilləri
Bikol Central: Mga Latin
беларуская: Раманскія мовы
беларуская (тарашкевіца)‎: Раманскія мовы
български: Романски езици
brezhoneg: Yezhoù romanek
bosanski: Romanski jezici
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Романьсци ѩꙁꙑци
dolnoserbski: Romaniske rěcy
emiliàn e rumagnòl: Languv latén
estremeñu: Luengas romancis
français: Langues romanes
Nordfriisk: Romaans spriaken
客家語/Hak-kâ-ngî: Roman Ngî-chhu̍k
hrvatski: Romanski jezici
hornjoserbsce: Romaniske rěče
Kreyòl ayisyen: Lang womàn
interlingua: Linguas romanic
Bahasa Indonesia: Rumpun bahasa Roman
italiano: Lingue romanze
한국어: 로망스어군
kernowek: Romanek
Кыргызча: Роман тилдери
Lëtzebuergesch: Romanesch Sproochen
Lingua Franca Nova: Linguas romanica
Limburgs: Roemaanse tale
lumbaart: Lenguv Rumanz
lietuvių: Romanų kalbos
latviešu: Romāņu valodas
Malagasy: Fiteny romana
македонски: Романски јазици
Bahasa Melayu: Bahasa-bahasa Romawi
Nāhuatl: Romatlahtolli
Napulitano: Lengue neolatine
Nederlands: Romaanse talen
norsk nynorsk: Romanske språk
Nouormand: Laungue romanne
Papiamentu: Lenganan romaniko
Piemontèis: Lenghe romanze
Runa Simi: Romanu rimaykuna
rumantsch: Linguas romanas
romani čhib: Romanikane chhiba
română: Limbi romanice
sicilianu: Lingui rumanzi
davvisámegiella: Románalaš gielat
srpskohrvatski / српскохрватски: Romanski jezici
Simple English: Romance languages
slovenčina: Románske jazyky
slovenščina: Romanski jeziki
српски / srpski: Романски језици
Seeltersk: Romanisk
Kiswahili: Lugha za Kirumi
Türkçe: Romen dilleri
татарча/tatarça: Роман телләре
українська: Романські мови
oʻzbekcha/ўзбекча: Roman tillari
Tiếng Việt: Nhóm ngôn ngữ Rôman
West-Vlams: Romaansche toaln
Volapük: Püks romenik
中文: 罗曼语族
Bân-lâm-gú: Roman giân-gí
粵語: 羅曼語族