Lingua natural

O termo lingua natural designa unha variedade lingüística ou forma de linguaxe humano con fins comunicativos que está dotado dunha sintaxe e que obedece supostamente aos principios de economía e optimidade. As linguas naturais adoitan estar baseadas en símbolos sonoros pero tamén poden existir linguas baseadas en sinais.

Na sociolingüística, o termo lingua natural tamén denomínase ás veces como lingua étnica en contraposición ás linguas planificadas (coma o esperanto). A lingua étnica evoluciona enmarcada por unha cultura de falantes nativos que empregan dita lingua cunha finalidade comunicativa. Deste xeito, distínguese entre idiomas tales como o chinés mandarín, o galego e o inglés, as cales son linguas étnicas; e o esperanto, ido, interlingua, ás cales denomínaselles como linguas planificadas. Con todo, unha lingua planificada tamén pode adquirir unha cultura, como é o caso do esperanto. Con todo, formalmente as linguas planificadas e as linguas étnicas poden cumprir igualmente cos requisitos de posuír sintaxe e principios de economía que as fagan axeitadas para a comunicación humana xeral.

Linguas naturais e linguaxe

As linguas naturais contrapóñense a outras formas de linguaxe tanto humanas coma non humanas. Así xunto coas linguas naturais humanas temos:

  • A linguaxe animal que ten intencionalidade, expresividade, representatividade e ata pode chegar á simulación e o finximento; pero no que non se atoparon presenza de algo que se poida chamar estruturas sintácticas.
  • As linguaxes formais empregadas polo ser humano, entre as cales están a lóxica matemática ou as linguaxes de programación. Son estruturas dotadas de algo semellante á sintaxe das linguas humanas, pero teñen un alcance máis reducido que as linguas naturais humanas.

Diferenzas coa linguaxe formal

Ao contrario que na linguaxe formal, onde o significado dunha cadea ou frase só está influído polo seu aspecto ou "forma", nas linguaxes naturais a semántica ou significado específico e contextual dos seus compoñentes interveñen na validez ou non da frase, engadindo complexidade ao seu estudo.

A lingüística é a póla do saber que se encarga do estudo da linguaxe, entendido como o conxunto de regras que goberna calquera proceso de comunicación.

Admitindo a existencia de regras de comunicación, a lingüística estrutural chegou a definir extensivamente unha determinada lingua natural como o conxunto de frases que se poden emitir e emregar nesa lingua.

A finais da década dos anos 1950 Noam Chomsky propuxo incorporar as linguaxes naturais ao tipo de linguaxes susceptibles de ser estudadas polos sistemas formais por medio de gramáticas xenerativas, que darán lugar ás cadeas ou frases válidas nunha linguaxe dada.

Other Languages