Nomes
Esta lingua derivada do latín ten dous nomes, español e castelán. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais ou non (galego, catalán, éuscaro, asturiano, occitano...) e a que historicamente é o primeiro nome desta lingua ao xurdir no territorio do condado de Castela; o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarse castelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usar español (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península).