Lingua éuscara

Éuscaro
Euskara
Outros nomes:Vasco
Falado en:España e Francia
Rexións: País Vasco e Navarra (España),
País Vasco francés (Francia)
Total de falantes:1 033 900 (2011)
Lingua materna: 714 136[1]
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia:Lingua illada
 Éuscaro
Estatuto oficial
Lingua oficial de: País Vasco e Navarra en España.
Regulado por: Euskaltzaindia
Códigos de lingua
ISO 639-1:eu
ISO 639-2:baq (B)eus (T)
ISO 639-3: eus
SIL: BSQ
Idioma vasco.png

O idioma éuscaro[2] ou vasco[3] (euskara en lingua vasca) é a lingua tradicional dos vascos, falada hoxe no País Vasco e norte de Navarra en España, e no Departamento de Pireneos Atlánticos en Francia, constitúe unha lingua illada arrodeada por linguas de orixe indoeuropea.

O éuscaro é unha lingua aglutinante. Algúns lingüistas considérano unha lingua illada e moi antiga, probablemente oriúnda da lingua dos primeiros pobos que migraron para a Europa. Outros, a través de comparacións, veno emparentado a linguas ata hoxe faladas no Cáucaso. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por polo menos 800.000 persoas, e que xa era falada moito antes de que os romanos introducisen o latín na Península Ibérica.

Por non ter linguas parentes coñecidas, o vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, particularmente daquelas (que son a gran maioría) que teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia indoeuropea. Por mor diso, creáronse sobre o éuscaro un gran número de ideas sen base lingüística, tales como o vasco é a lingua máis complexa do mundo; tódolos verbos son pasivos; e moitas outras falsidades. En realidade, o éuscaro é unha lingua coma outra calquera. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do turco ou do xaponés. A súa morfoloxía é, esa si, bastante pouco común en Europa, mais fóra de Europa poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes ao do vasco en centenas doutras linguas.

Hoxe, o vasco está presente en nomes de empresas, institucións, actores políticos e sociais, así como etiquetas e sinais, na zona delimitada polo País Vasco e Navarra e Iparralde.

Distribución xeográfica

Dentro de España, o éuscaro fálase no País Vasco (Áraba, Biscaia e Guipúscoa) e na Comunidade Foral de Navarra. Dentro de Francia fálase nunha zona integrada dentro do departamento dos Pireneos Atlánticos, nos territorios de Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa; a estes tres últimos comunmente se lles denomina País Vasco francés ou Iparralde (Norte).

Antes da industrialización o éuscaro usábase por parte da maioría dos habitantes das zonas vascofalantes históricas. Segundo os datos de 1867 manexados por Ladislao de Velasco, falábase por 170.000 dos 176.000 habitantes de Guipúscoa, 149.000 dos 183.000 biscaíños (dos que 6.000 eran estranxeiros e 28.000 vivían no distrito de Balmaseda-Enkarterri, onde non se falaba dende tempos afastados), 12.000 dos 120.000 arabeses, 60.000 dos 300.000 navarros e 80.000 dos 124.000 habitantes do País Vasco francés.

Euskaltzaindia

Artigo principal: Euskaltzaindia.

A Euskaltzaindia foi creada en 1919. Dende a década de 1960 coordinou un importante esforzo de normalización baseándose na tradición escrita desta lingua e nos elementos comúns dos diferentes dialectos, dando como resultado o éuscaro batua (vasco unificado). O seu lema é Ekin eta jarrai ("Comezar e seguir").

O éuscaro é lingua oficial dende 1982 na Comunidade Autónoma Vasca. En Navarra, a súa situación está regulada pola Lei do Vascuence, que divide á Comunidade Foral en tres rexións (vascófona, non vascófona e mixta). En Francia, o éuscaro, como outras linguas minoritarias, non ten recoñecemento oficial.

Other Languages
Afrikaans: Baskies
Alemannisch: Baskische Sprache
አማርኛ: ባስክኛ
aragonés: Idioma vasco
العربية: لغة بشكنشية
مصرى: باسكى
asturianu: Idioma vascu
azərbaycanca: Bask dili
تۆرکجه: باسک دیلی
Bikol Central: Tataramon na Basko
беларуская: Баскская мова
беларуская (тарашкевіца)‎: Басконская мова
български: Баски език
brezhoneg: Euskareg
bosanski: Baskijski jezik
català: Basc
čeština: Baskičtina
kaszëbsczi: Baskijsczi jãzëk
Чӑвашла: Баск чĕлхи
Cymraeg: Basgeg
dansk: Baskisk
Zazaki: Baski
dolnoserbski: Baskiska rěc
Ελληνικά: Βασκική γλώσσα
Esperanto: Eŭska lingvo
español: Euskera
eesti: Baski keel
euskara: Euskara
estremeñu: Luenga vasca
Võro: Baski kiil
føroyskt: Baskiskt mál
français: Basque
Nordfriisk: Baskisk spriak
Frysk: Baskysk
Gaeilge: An Bhascais
Gàidhlig: Basgais
Avañe'ẽ: Euskera ñe'ẽ
Gaelg: Bascish
客家語/Hak-kâ-ngî: Basque-ngî
עברית: בסקית
हिन्दी: बास्क भाषा
Fiji Hindi: Basque bhasa
hrvatski: Baskijski jezik
hornjoserbsce: Baskišćina
magyar: Baszk nyelv
հայերեն: Բասկերեն
interlingua: Lingua basc
Bahasa Indonesia: Bahasa Basque
íslenska: Baskneska
italiano: Lingua basca
日本語: バスク語
ქართული: ბასკური ენა
Qaraqalpaqsha: Bask tili
Taqbaylit: Tutalyt tabaskit
қазақша: Баск тілі
한국어: 바스크어
kernowek: Baskek
Ladino: Lingua vaska
Lingua Franca Nova: Euscara (lingua)
Limburgs: Baskisch
lumbaart: Lengua basca
لۊری شومالی: زڤون باسکی
lietuvių: Baskų kalba
latviešu: Basku valoda
македонски: Баскиски јазик
Bahasa Melayu: Bahasa Basque
مازِرونی: باسکی
Nedersaksies: Baskisk
Nederlands: Baskisch
norsk nynorsk: Baskisk
norsk: Baskisk
occitan: Basc
Livvinkarjala: Baskin kieli
Kapampangan: Amanung Basku
Piemontèis: Lenga basca
پنجابی: باسک
português: Língua basca
Runa Simi: Yuskara simi
română: Limba bască
sicilianu: Lingua basca
davvisámegiella: Baskagiella
srpskohrvatski / српскохрватски: Baskijski jezik
Simple English: Basque language
slovenčina: Baskičtina
slovenščina: Baskovščina
српски / srpski: Баскијски језик
Seeltersk: Baskisk
svenska: Baskiska
Kiswahili: Kieuskara
ślůnski: Baskijsko godka
tetun: Basku
Türkçe: Baskça
татарча/tatarça: Баск теле
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: باسكى تىلى
українська: Баскська мова
oʻzbekcha/ўзбекча: Bask tili
Tiếng Việt: Tiếng Basque
吴语: 巴斯克语
მარგალური: ბასკური ნინა
ייִדיש: באסקיש
中文: 巴斯克語
文言: 巴斯克語
Bân-lâm-gú: Basque-gí
粵語: 巴斯克話