Limón

Limón: froito e flor.

O limón[1] é o froito do limoeiro (Citrus limon), arbusto de 5 a 10 metros de altura, da familia das Rutáceas.

Os limóns existentes son de dous tipos: o limón doce, froito decorativo cuxo zume é pouco ou nada acedo, con todo clasificado Citrus limon (L.) Burm. f. (clasificación de Tanaka); e o máis común limón acedo, cuxo zume ten un pH de aproximadamente 2,5.

Esta froita madura ten unha casca que varía de verde suave a amarelo brillante baixo a acción do frío. No hemisferio norte madura a finais do outono e principios do inverno. A súa carne é suculenta e o seu zume rico en vitamina C (un litro de zume contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico). Ao ser de fácil conservación e dada a súa riqueza en vitamina C, os navíos comezaron a transportalo a bordo e usalo como dieta para combater o escorbuto, ao tempo que o espallaban por todo o planeta. As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co zume da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, así como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca extráese un aceite esencial, usado en perfumaría e na preparación de licores e xabóns, que contén entre outras substancias o limoneno e o citral.

Historia

A orixe do limón é descoñecida en particular por mor do seu polimorfismo e a súa diversidade. Os investigadores consideraban que procedía da rexión de Assam, da rexión indo-birmana ou da China.[2]

Aínda que se cría que era descoñecido para os antigos gregos e romanos, estudos de 2016 mostran que naceu no Mediterráneo como un híbrido entre a laranxeira amarga e a cidreira arredor do V milenio a.C.[3] A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de Nabathae sobre agricultura, datando do século III ou IV[Cómpre referencia].

As invasións bárbaras do século III destruíron gran parte das plantacións de limóns europeas, aínda que a finais do século IV permanecían no sur de Italia, Sicilia e España.[4][5] Entre os anos 1000 e 1200, o limón volveu a aparecer en Europa introducido polos árabes a través da rexión mediterránea. Hai relatos de limoeiros cultivados en Xénova[Cómpre referencia] a mediados do século XV, así como referencias á súa existencia nos Azores en 1494[Cómpre referencia].

A árbore do limón foi empregada orixinariamente como planta ornamental en xardíns de pracer na Idade Media, especialmente nos xardíns islámicos.[6] O limón foi introducido gradualmente na dieta medieval, usándose como fondo ácido para gardar vexetais crus igual que o vinagre ou o zume de laranxa. Con todo, é probable que se utilizase tamén como técnica de conservación da carne dende os tempos antigos.[7].

Actualmente é unha das froitas máis coñecidas e utilizadas no mundo.

Other Languages
eesti: Sidrun
Võro: Tsitron
français: Citron
Ligure: Limon
मराठी: लिंबू
кырык мары: Лимон
Nedersaksies: Zitroun (vrucht)
norsk nynorsk: Sitron
occitan: Citron
پښتو: ليمو
armãneashti: Limońiu
русиньскый: Цітрон
slovenčina: Citrón
chiTumbuka: Zobala
удмурт: Лимон
oʻzbekcha/ўзбекча: Limon
West-Vlams: Citroen
Vahcuengh: Makningzmungx