Libra (masa)

A libra [1] (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma. A palabra (derivada do latín) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana. [2]

Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois. [3]

Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras. [4]

Historia

Moito despois da caída do Imperio Romano Occidental, as diversas rexións do antigo imperio foron tomando a súa propia maneira de estimar o valor dunha libra, e xurdiron numerosas unidades de masa tamén chamadas libra. A libra latina equivalía a 273 gramos. Aínda que como unidade monetaria de conta usábase a libra grega, de 327,4 gramos.

Durante moito tempo houbo confusións ao pesar unha mercadoría en diferentes unidades denominadas libra. Para acabar co problema, Antoine Lavoisier propuxo substituír as libras e outras antigas unidades en toda Europa, polo gramo, os seus múltiplos e submúltiplos.

Co paso do tempo, todas as nacións europeas abandonaron o uso da libra para substituíla polo quilogramo, pero os Estados Unidos aínda a usan, así como algúns países latinoamericanos cuxas culturas foron en gran medida influídas pola norteamericana durante o século XX, como Porto Rico, O Salvador, Guatemala, Cuba, Ecuador e Panamá.

Other Languages
Afrikaans: Pond (eenheid)
العربية: رطل
Boarisch: Pfund
български: Фунт
bosanski: Funta
Чӑвашла: Кĕренке
Deutsch: Pfund
English: Pound (mass)
Esperanto: Funto
suomi: Pauna
føroyskt: Pund (vekteind)
עברית: ליברה
hrvatski: Funta
Kreyòl ayisyen: Liv (mezi)
Հայերեն: Ֆունտ
Bahasa Indonesia: Pon (satuan)
italiano: Libbra
Patois: Pong
Ripoarisch: Pongk
Lëtzebuergesch: Pond
lietuvių: Svaras
македонски: Фунта (единица)
Bahasa Melayu: Paun (jisim)
Plattdüütsch: Pund
Nederlands: Pond (massa)
norsk nynorsk: Pund
occitan: Liura (pes)
polski: Funt (masa)
Piemontèis: Lira
português: Libra (massa)
română: Livră
Scots: Pund
srpskohrvatski / српскохрватски: Funta (masa)
Simple English: Pound (mass)
slovenčina: Libra (hmotnosť)
slovenščina: Funt (mera)
српски / srpski: Фунта (маса)
Kiswahili: Ratili
தமிழ்: பவுண்டு
oʻzbekcha/ўзбекча: Funt
Tiếng Việt: Pound (khối lượng)
Winaray: Libra
ייִדיש: פונט
中文:
粵語: