Liberdade de culto

Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

A liberdade de culto ou liberdade relixiosa é un dereito fundamental que se refire á opción de cada ser humano de elixir libremente a súa relixión, de non elixir ningunha ou de non crer ou validar a existencia dun certo Deus e poder exercer dita crenza publicamente, sen ser vítima de opresión nin discriminación.

Historia e características

Este concepto vai alén da simple tolerancia relixiosa que permite, como unha concesión, o exercicio de relixións distintas á oficial, en situacións de confesionalidade do Estado propias do Antigo Réxime. Nas democracias modernas, xeralmente o Estado garante a liberdade relixiosa a todos os seus cidadáns, pero na práctica a elección do credo vén dada por costumes familiares e sociais, asociándose frecuentemente certas sociedades a certas relixións. Ademais, as situacións de discriminación relixiosa ou intolerancia relixiosa seguen a ser moi frecuentes en distintas partes do mundo, rexistrándose casos de intolerancia, preferencia dunha relixión sobre doutras e persecución a certos credos.

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no citado artigo 18, indica:

Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia.
Other Languages
Alemannisch: Religionsfreiheit
Esperanto: Religia libereco
føroyskt: Trúarfrælsi
עברית: חופש דת
Bahasa Indonesia: Kebebasan beragama
íslenska: Trúfrelsi
日本語: 信教の自由
한국어: 종교의 자유
Bahasa Melayu: Kebebasan beragama
Nederlands: Godsdienstvrijheid
norsk nynorsk: Religionsfridom
srpskohrvatski / српскохрватски: Sloboda religije
Simple English: Freedom of religion
slovenščina: Verska svoboda
српски / srpski: Sloboda vjeroispovjesti
Kiswahili: Uhuru wa dini
Tiếng Việt: Tự do tôn giáo
中文: 宗教自由
Bân-lâm-gú: Chong-kàu ê chū-iû
粵語: 宗教自由