Lebre de piornal

Lebre de piornal
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Lagomorpha
Familia:Leporidae
Xénero:Lepus
Especie:L. castroviejoi
Nome binomial
Lepus castroviejoi
Palacios, 1977
Distribución da lebre de piornal

Distribución da lebre de piornal
Distribución da lebre na península

Distribución da lebre na península

A lebre de piornal ou de Castroviejo (Lepus castroviejoi) é unha especie de mamífero lagomorfo da familia Leporidae endémica de Galicia oriental, sur de Asturias e montes de León, en España.

Características

A lebre de piornal (chamada así por ser un dos seus hábitats característicos as ladeiras montañosas cubertas de piornos (Cytisus oromediterraneus) presenta un tamaño intermedio entre o da lebre europea (Lepus europaeus), máis corpulenta, e a lebre ibérica (Lepus granatensis), máis pequena. Mide de 49 a 52 centímetros de longo, aos que se suman ao redor de 8 de cola e pesa entre 2,6 e 3,2 quilos. A maior parte da súa pelaxe é parda, máis escura no lombo, aínda que ten base branca; no ventre, parte traseira da cola, "colar" e parte da cara ata os ollos é completamente branca. A punta das orellas é negra, así como a cara dorsal da cola.

Other Languages
български: Lepus castroviejoi
brezhoneg: Gad Castroviejo
English: Broom hare
한국어: 빗자루토끼
кырык мары: Брума морен
Bahasa Melayu: Lepus castroviejoi
Nederlands: Cantabrische haas
português: Lepus castroviejoi
српски / srpski: Кантабријски зец
українська: Lepus castroviejoi
Tiếng Việt: Lepus castroviejoi