Las Ventas

Fachada e porta principal da praza de Las Ventas

A praza de touros de Las Ventas é a maior praza de touros de España, e a terceira máis grande do mundo logo da praza de Cidade de México e a de Valencia ( Venezuela). Está situada en Madrid e é unha das prazas de touros máis importantes do mundo.

Inaugurada o 17 de xuño de 1931 co nome de Las Ventas del Espíritu Santo, por ser o nome da zona naquela época, non entraría en funcionamento de forma definitiva ata 1934.

Foi deseñada polo arquitecto José Espeliú en estilo neomudéxar a ladrillo visto sobre unha estrutura metálica. A decoración, obra de Manuel Muñoz Monasterio, realizouse en base a cerámicas cos escudos de todas as provincias españolas e outros motivos decorativos.

Ten capacidade para uns 25.000 espectadores. O ruedo mide 60 metros de diámetro e o largo da ruela é de 2,2 metros. As súas localidades están distribuídas en 10 tendidos, divididos en tendido, grada e andanada. A temporada de touros comeza en marzo e remata en outubro, destacando os días da Feira de San Isidro, en maio. Des de 1951 atópase nas súas dependencias o Museo Taurino.

  • véxase tamén

Véxase tamén

Ligazóns externas

Other Languages
العربية: لاس فينتاس
català: Las Ventas
Deutsch: Las Ventas
Ελληνικά: Λας Βέντας
English: Las Ventas
español: Las Ventas
euskara: Las Ventas
suomi: Las Ventas
français: Las Ventas
עברית: לס ונטאס
Bahasa Indonesia: Las Ventas
italiano: Las Ventas
한국어: 라스 벤타스
Nederlands: Las Ventas
polski: Las Ventas
português: Las Ventas
Simple English: Las Ventas
slovenščina: Las Ventas, Madrid
svenska: Las Ventas