Larry Page

Larry Page
Larry Page in the European Parliament, 17.06.2009.jpg
Larry Page falando no Parlamento europeo o 17 de xuño do 2009
Nome completoLawrence Edward Page
Nacemento26 de marzo de 1973 (45 anos)
 East Lansing, Michigan, U.S.A.
NacionalidadeFlag of the United States.svg estadounidense
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade de Michigan, Universidade Stanford e East Lansing High School
Ocupaciónempresario, informático teórico e enxeñeiro
CónxuxeLucinda Southworth
PremiosPremio Marconi e Seoul Test of Time Award
Larry Page google signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Lawrence Edward "Larry" Page[1] nado en East Lansing, Míchigan, o 26 de marzo de 1973 é un científico informático e empresario estadounidense. Page é cofundador, xunto con Serguei Brin[2][3]de Google, anteriormente chamada BackRub. Page é o director executivo (CEO) da compañía matriz de Google, Alphabet Inc.

Page é o inventor de PageRank, o algoritmo de clasificación de procura máis coñecido de Google.[4][5][6][7][8][9][10] Page recibiu o Premio Marconi en 2004.[11]

É, ademais, un dos homes máis ricos do mundo; en outubro de 2017 estimábase que tiña un patrimonio neto de 40.7 mil millóns de dólares (2017).[2]

Traxectoria

Page é fillo de dous docentes universitarios, Gloria Page, profesora de programación no Lyman Briggs College e na Universidade Estatal de Michigan e Carl Victor Page, profesor de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade Estatal de Michigan, foi un pioneiro e autoridade no campo da Intelixencia artificial, prematuramente falecido en 1996.[12]

Desde os dous anos de idade asistiu en Lansing a unha escola do método Montessori. A paixón de Page polos computadores e a informática empezou aos seis anos, e o seu interese pola tecnoloxía e os inventos aos doce. O seu ídolo xuvenil foi Nikola Tesla.[13] Seguindo os pasos dos seus pais, e baixo a súa orientación, cursou estudos na East Lansing High School e graduouse con honras na Universidade Estatal de Michigan, obtendo un grao en enxeñería de computadores (Computer Engineering). Doutorouse en ciencias da computación na Universidade Stanford. O Instituto de empresa premiouno cun máster honorífico en administración de empresas e foi o primeiro en recibir o premio Alumni society recent engineering graduate da Universidade de Michigan.

Other Languages
العربية: لاري بايج
asturianu: Larry Page
azərbaycanca: Larri Peyc
беларуская: Лары Пэйдж
беларуская (тарашкевіца)‎: Лэры Пэйдж
български: Лари Пейдж
bosanski: Larry Page
català: Larry Page
کوردی: لاری پەیج
čeština: Larry Page
dansk: Larry Page
Deutsch: Larry Page
डोटेली: ल्यारी पेज
Ελληνικά: Λάρρυ Πέιτζ
English: Larry Page
Esperanto: Larry Page
español: Larry Page
eesti: Larry Page
euskara: Larry Page
فارسی: لری پیج
suomi: Larry Page
français: Larry Page
ગુજરાતી: લૅરી પેજ
Hausa: Larry Page
עברית: לארי פייג'
हिन्दी: लैरी पेज
magyar: Larry Page
հայերեն: Լարի Փեյջ
Bahasa Indonesia: Larry Page
íslenska: Larry Page
italiano: Larry Page
Basa Jawa: Larry Page
ქართული: ლარი პეიჯი
қазақша: Ларри Пейдж
한국어: 래리 페이지
Lëtzebuergesch: Larry Page
latviešu: Lerijs Peidžs
मैथिली: लेरी पेज
Malagasy: Larry Page
മലയാളം: ലാറി പേജ്
မြန်မာဘာသာ: လယ်ရီပေ့ချ်
Nederlands: Larry Page
norsk: Larry Page
occitan: Larry Page
ଓଡ଼ିଆ: ଲାରୀ ପେଜ୍
ਪੰਜਾਬੀ: ਲੈਰੀ ਪੇਜ
polski: Larry Page
português: Larry Page
Runa Simi: Larry Page
română: Larry Page
русский: Пейдж, Ларри
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱞᱟᱨᱤ ᱯᱮᱡᱽ
Scots: Larry Page
srpskohrvatski / српскохрватски: Larry Page
Simple English: Larry Page
slovenčina: Larry Page
slovenščina: Larry Page
shqip: Larry Page
српски / srpski: Лари Пејџ
svenska: Larry Page
Kiswahili: Larry Page
தமிழ்: லாரி பேஜ்
తెలుగు: లారీ పేజ్
Türkçe: Larry Page
українська: Ларрі Пейдж
اردو: لیری پیج
oʻzbekcha/ўзбекча: Larry Page
Tiếng Việt: Larry Page
Winaray: Larry Page
Bân-lâm-gú: Larry Page