Lamborghini

Automobili Lamborghini SpA
Lamborghini logo.svg
Tipo Holding
Fundación 1963
Localización Santa Agata, Bolonia Italia Italia
Persoas clave Ferruccio Lamborghini
Stephan Winkelmann
Industria Transporte
Produtos Automóbiles
Páxina web www.lamborghini.com
Lamborghini Murcielago LP640

Automobili Lamborghini SpA, comunmente coñecido como Lamborghini, é unha fábrica italiana de automóbiles deportivos fundada no ano 1963 polo fabricante de tractores Ferruccio Lamborghini. Lamborghini amasou unha notable fortuna coa súa fábrica de tractores. Era un apaixonado dos deportivos, e fundou a empresa nunha diminuta vila chamada Santa Agata, en Bolonia, a poucos quilómetros de Maranello, a sede de Ferrari.

Lamborghini está considerada como unha das marcas máis prestixiosas e desexadas do mundo de acordo coa gran calidade acadada polos seus deportivos. Forma parte de Volkswagen Group a través da súa filial Audi. En 2011, os 831 empregados de Lamborghini produciron 1.711 vehículos.

Historia

Rematada a Segunda guerra mundial, Ferruccio Lamborghini comezou a mercar sobrantes de vehículos militares para convertelos en maquinaria agrícola. Tal foi o éxito do seu novo negocio que no ano 1960 Lamborghini xa era o terceiro industrial italiano na construción de maquinaria para o agro, especialmente de tractores. [1]

Ferruccio Lamborghini

Ferruccio comezou unha vida opulenta, adquirindo propiedades e sobre todo coches Ferraris. Era un admirador de Enzo Ferrari pola forma en que mantiña a súa empresa, pero sempre tivo unha dificultade: Ferrucio Lamborghini, sempre tiña problemas mecánicos cos seus Ferrari. Canso de ter que soportar estes inconvenientes, tivo unha discusión có mesmo Enzo, queixándose dos problemas que tiña cos seus coches. A partir de esta curiosa discusión, o irado propietario comezou a maquinar a idea de fabricar automóbiles deportivos para competir con Ferrari. [2]

Fundou Automobili Ferruccio Lamborghini SpA en 1963 co obxectivo de producir un refinado gran turismo para competir coa oferta das marcas establecidas como Ferrari. O primeiro modelo da casa do touro foi o 350 GTV que non pasou de prototipo, seguido do 350 GT e o 400 GT 2+2 que tiveron unha grande aceptación do público. A marca non sería mundialmente coñecida ata o produción do Lamborghini Miura de 1967, que fixo que Lamborghini marcara as tendencias en coches extremadamente veloces. Este tiña un atractivo sorprendente e foi o primeiro coche de produción en levar o motor (un V12 con 370 cabalos) en posición central lonxitudinal.

Lamborghini creceu rapidamente durante a súa primeira década, pero chegaron os tempos duros cando as vendas desplomaronse a raíz da caída da bolsa en 1973 e a crise do petróleo de 1973. A propiedade da firma cambiou tres veces logo de 1973, incluíndo unha bancarrota en 1978, antes de que Chrysler Corporation tomara o control en 1987. Non foi posible rentabilizala, e Chrysler vendeu Lamborghini ao grupo de investimento malaio Mycom Setdco e ao grupo V'Power Corporation en 1994. A falta de éxito continuou durante a década de 1990, ata que Mycom Setdco e V'Power venden Lamborghini á AUDI AG filial de Volkswagen Group o 27 de xullo de 1998. A propiedade de Audi marcou o comezo dun período de estabilidade e aumento da produtividade de Lamborghini. As vendas aumentaron case dez veces no transcurso da década de 2000, chegando a un récord de vendas en 2007 e 2008. O crise financeira mundial a finais do decenio de 2000 afectaron negativamente a todos os fabricantes de automóbiles de luxo en todo o mundo, e fixeron que as vendas de Lamborghini caeran case un 50 por cento.

Ao Miura seguiulle no ano 1974 o famoso Lamborghini Countach, extremadamente baixo, ancho e rápido. Foi o rei da velocidade ao redor de 13 anos nas súas numerosas variacións ("LP 400" de 1974, "LP 400S" de 1978, "LP500S" de 1983, "Quattrovalvole" de 1985, e "25 Aniversario" de 1989).

Paralelamente aos deportivos con motor V12 íanse realizando outros menos potentes como o Islero ( 1969), Jarama ( 1970), Urraco ( 1976).

Xa nos anos 90 apareceu o substituto do Countach, o Lamborghini Diablo, que reclamou o título de coche de produción máis veloz do mundo, superando os 320 km/h.

Fixéronse numerosas variacións da base Diablo: o "VT" de tracción total ( 1993), o "SE 30" ( 1994) que conmemoraba os 30 anos da factoría, ou o "SV" ( 1995). A pesar disto Lamborghini non conseguía repuntar economicamente, o que levou á marca a estar a beira da quebra en 1998.

Os últimos Diablo "GT" ( 1999), "GTR" ( 1999) e "6.0 VT" ( 2001) deixaron de producirse e deron paso ao actual Murciélago (2001) e o paralelo menos potente Gallardo ( 2003).

A empresa celebrou o seus 40 anos no 2003 cuadriplicando as súas vendas no mundo. No 2005 creou os modelos convertibeis Murciélago Roadster, Gallardo Spyder e finalmente no 2006 lanzou a variación con base Murciélago chamado LP 640.

Other Languages
Afrikaans: Lamborghini
العربية: لامبورغيني
azərbaycanca: Lamborghini
تۆرکجه: لامبورگینی
беларуская: Lamborghini
български: Ламборгини
bosanski: Lamborghini
català: Lamborghini
čeština: Lamborghini
Deutsch: Lamborghini
Ελληνικά: Lamborghini
English: Lamborghini
Esperanto: Lamborghini
español: Lamborghini
euskara: Lamborghini
français: Lamborghini
Gaeilge: Lamborghini
ગુજરાતી: લામ્બોરગીની
עברית: למבורגיני
hrvatski: Lamborghini
magyar: Lamborghini
Հայերեն: Lamborghini
Bahasa Indonesia: Lamborghini
íslenska: Lamborghini
italiano: Lamborghini
ქართული: Lamborghini
қазақша: Lamborghini
한국어: 람보르기니
Latina: Lamborghini
lietuvių: Lamborghini
latviešu: Lamborghini
മലയാളം: ലംബോർഗിനി
Nāhuatl: Lamborghini
Nederlands: Lamborghini
norsk nynorsk: Lamborghini
occitan: Lamborghini
ਪੰਜਾਬੀ: ਲਾਂਬੋਰਗੀਨੀ
polski: Lamborghini
Piemontèis: Lamborghini
پنجابی: لیمبورگینی
português: Lamborghini
română: Lamborghini
русский: Lamborghini
srpskohrvatski / српскохрватски: Lamborghini
Simple English: Lamborghini
slovenčina: Lamborghini
slovenščina: Lamborghini
српски / srpski: Ламборгини
svenska: Lamborghini
Kiswahili: Lamborghini
తెలుగు: లంబోర్ఘిని
Türkçe: Lamborghini
українська: Lamborghini
Tiếng Việt: Lamborghini
中文: 藍寶堅尼
粵語: 林寶堅尼