Lagoa de Guatavita

Panorama da lagoa de Guatavita.

A lagoa de Guatavita atópase na cordilleira oriental de Colombia, no concello de Sesquilé, ó norte da cabeceira municipal de Guatavita a unha distancia de 75 km ó nordeste de Bogotá, provincia de Almeidas de Cundinamarca. A lagoa está a unha de altitude de 3.100 m.s.n.m. e a unha temperatura de 5 a 11℃. É unha depresión montañosa de forma perfectamente circular, con preto 700 m de diámetro, rodeada de bosques nativos. Na cordilleira Oriental os lagos paramunos de maior tamaño ocupan comunmente antigos circos glaciares, porén, crese que a depresión da lagoa de Guatavita formouse por un colapso por disolución de estratos salinos, o que concorda coas características xeolóxicas da rexión, onde hai grandes depósitos salinos como os de Zipaquirá, Nemocón e Tausa. [1]

Famosa balsa muisca evidencia das cerimonias sacras que deron orixe á lenda do Dourado.

A lenda

A lagoa foi unha das máis sacras dos muiscas, xa que alí realizábase o ritual de investidura do novo zipa (Cacique). Segundo conta a lenda, este ía nunha balsa de xunqueiras ricamente adornada; tiña o corpo cuberto integramente con ouro en po; ós seus pés puñan unha gran chea de ouro e esmeraldas para que ofrecese ós deuses e braseiros acesos para queimar unha especie moque; o novo dignatario ía acompañado por catro caciques e cando a balsa chegaba ao centro da lagoa, o pobo que se atopaba nas beiras arroxaba obxectos de ouro e pedras preciosas á auga.

Este é un das orixes da lenda de El Dorado. A famosa balsa muisca que se exhibe no Museo do Ouro é evidencia de que este tipo de rituais celebrábanse nas lagoas da rexión.

Houbo varios intentos de drenar a lagoa para achar os seus tesouros ocultos, entre os cales os máis importantes foron o do capitán Lázaro Fonte, quen puido extraer varias pezas de ouro fino, e o de Antonio de Sepúlveda no século XVI, quen tamén logrou sacar esmeraldas e pezas de cerámica.

Other Languages
čeština: Guatavita
Esperanto: Guatavita
polski: Guatavita
русский: Гуатавита
українська: Гуатавіта