Ladri di biciclette

Ladrón de bicicletas
Enzo Staiola in Bicycle Thieves, cropped.jpg
Enzo Staiola no filme.
Ficha técnica
Título orixinalLadri di biciclette
DirectorVittorio De Sica
ProdutorGiuseppe Amato
GuiónVittorio De Sica
Cesare Zavattini
Suso Cecchi d'Amico
Gerardo Guerrieri
Oreste Biancoli
Adolfo Franci
IntérpretesLamberto Maggiorani
Enzo Staiola
Lianella Carell
Vittorio Antonucci
MúsicaAlessandro Cicognini
FotografíaCarlo Montuori
MontaxeEraldo Da Roma
DistribuidoraEnte Nazionale Industrie
Cinematografiche
EstreaItalia 14 de novembro de 1948[1]
Duración93 minutos
OrixeItalia Italia
XéneroDrama
Orzamento$81 000 (estimado)[2]
Recadación$371 111 (Italia)[1]

Ladri di biciclette é un filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica. Obra mestra do neorrealismo italiano, e a máis coñecida da triloxía de De Sica, xunto a Umberto D. e Miracolo a Milano.

Argumento

Na Roma da posguerra, un obreiro en paro consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que teña unha bicicleta, pero o problema é que a súa bicicleta empeñouna, polo que a súa primeira tarefa será recuperala.

Unha vez montado na súa bicicleta comeza a traballar, pero ocorre que non pasou sequera nin un día de traballo cando lle rouban a bicicleta e con ela o seu futuro. Dende ese intre e ata o final do filme a historia o protagonista xunto co seu fillo e algúns amigos, buscarán infrutuosamente recuperar a bicicleta roubada. A escena final amósanos ante o dilema moral no que o protagonista se ve obrigado a converterse el mesmo nun ladrón.

Other Languages
čeština: Zloději kol
dansk: Cykeltyven
Deutsch: Fahrraddiebe
Bahasa Indonesia: Pencuri Sepeda
Lëtzebuergesch: Ladri di biciclette
Bahasa Melayu: Filem Bicycle Thieves
srpskohrvatski / српскохрватски: Kradljivci bicikla
svenska: Cykeltjuven