Lúa

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Lúa Moon symbol decrescent.svg
Lúa, dende a Terra, ano 2006.
Descubrimento
Descuberta porcivilizacións antigas
Descubertana antigüidade
Características orbitais
Raio medio384 400 km
Excentricidade0,0549
Período orbital27 d 7 h 43,7 m
Inclinación orbital5,1454°
Satélite daTerra
Características físicas
Diámetro ecuatorial3474,8 km
Área da superficie38 000 000 km²
Masa7,349 × 10²² kg
Densidade media3340 kg/m³
Gravidade á superficie1,62 m/s²
Período de rotación27 d 7 h 43,7 m
Inclinación axial1,5424°
Albedo0,12
Temp. á superficie
mínmedmáx
K250 KK
Características atmosféricas
Presión atmosférica3 × 10-13kPa
Helio25%
Neon25%
Hidróxeno23%
Argon20%
Metano?
Amoníaco?
Dióxido de carbonotrazas
Composición da crodia
Osíxeno43%
Silicio21%
Aluminio10%
Calcio9%
Ferro9%
Magnesio5%
Titanio2%
Níquel0,6%
Sodio0,3%
Cromo0,2%
Potasio0,1%
Manganeso0,1%
Xofre0,1%
Fósforo500 ppm
Carbono100 ppm
Nitróxeno100 ppm
Hidróxeno50 ppm
Helio20 ppm

A Lúa é o único satélite natural da Terra[1][2][3], visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande[4]: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.

A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra. O hemisferio visible está marcado con escuros mares lunares de orixe volcánico entre as brillantes montañas antigas e os destacados astroblemas. Malia ser en aparencia o obxecto máis brillante no ceo despois do Sol, a súa superficie é en realidade moi escura, cunha reflexión similar á do carbón. A súa prominencia no ceo e o seu ciclo regular de fases fixeron da Lúa un obxecto con importante influencia cultural desde a antigüidade tanto na linguaxe, como no calendario, a arte ou a mitoloxía. A influencia gravitatoria da Lúa produce as mareas e o aumento da duración do día. A distancia orbital da Lúa, preto de trinta veces o diámetro da Terra, fai que se vexa no ceo co mesmo tamaño que o Sol e permite que a Lúa cubra exactamente ao Sol nas eclipses solares totais. Esta coincidencia de tamaño visual aparente é unha coincidencia. A distancia lineal da Lúa á Terra está aumentando a un ritmo de 3,82 ± 0,07 cm por ano, aínda que esta taxa non é constante.[5]

A Lúa é o único corpo celeste no que o ser humano realizou un descenso tripulado. Aínda que o programa Lúa da Unión Soviética foi o primeiro en alcanzar a Lúa cunha nave espacial non tripulada, o programa Apolo de Estados Unidos conseguiu as únicas misións tripuladas ata a data, comezando coa primeira órbita lunar tripulada polo Apollo 8 en 1968, e seis aluaxes tripulados entre 1969 e 1972, sendo o primeiro o Apollo 11 en 1969. Estas misións regresaron con máis de 380 kg de rocha lunar, que permitiron alcanzar unha detallada comprensión xeolóxica das orixes da Lúa (crese que se formou fai 4500 millóns de anos logo dun grande impacto), a formación da súa estrutura interna e a súa posterior historia.

Desde a misión do Apollo 17 en 1972, foi visitada unicamente por sondas espaciais non tripuladas, en particular polos astromóbiles soviéticos Lunokhod. Desde 2004, Xapón, China, India, Estados Unidos, e a Axencia Espacial Europea enviaron orbitadores. Estas naves espaciais confirmaron o descubrimento de auga xeada fixada ao regolito lunar en cráteres que se atopan na zona de sombra permanente e están situados nos polos. Planeáronse futuras misións tripuladas á Lúa, tanto por gobernos como por empresas privadas, pero non se puxeron en marcha aínda. A Lúa mantense, baixo o tratado do espazo exterior, libre para a exploración de calquera nación con fins pacíficos.[6]

Etimoloxía

A palabra que designa ao satélite da Terra lúa, procede do latín. Nesta lingua era orixinalmente o feminino dun adxectivo en -no- *leuk-s-no, 'luminoso'. A palabra lúa, polo tanto significa 'luminosa', 'a que ilumina'. Este adxectivo latino deriva da raíz *lūc-/lǔc- ('brillar', 'ser luminoso'), de onde proceden igualmente lux ('luz'), luceo ('lucir'), lumen ('luz') etc. A súa vez, esta raíz procede dunha raíz indoeuropea *leuk- que se encontra noutras linguas, en termos relacionados coa luz, como o grego λύχνος, "lýksnos", 'lámpada'. Probablemente, o epíteto *leuksno-/ *louksno-, 'a luminosa', xa era utilizado para designar a lua en protoindoeuropeo.

No indoeuropeo, existiu outro nome masculino para a Lúa, formado sobre a raíz *mēns-, do que se conservan formas en varias linguas, como o grego μηνός, "menós", 'lúa', e incluso co sentido primitivo en linguas itálicas, como na umbra (ablativo singular) "menzne", 'Lúa'. En latín esta forma *mēns- evolucionou semánticamente para designar o 'mes'. De lúa procede o termo luns, que xa en latín designaba o 'día da lúa' (dies lunae).[7]

Other Languages
Аҧсшәа: Амза
Afrikaans: Maan
Alemannisch: Mond
አማርኛ: ጨረቃ
aragonés: Luna
Ænglisc: Mōna
العربية: القمر
ܐܪܡܝܐ: ܣܗܪܐ
مصرى: قمر
অসমীয়া: চন্দ্ৰ
asturianu: Lluna
azərbaycanca: Ay
تۆرکجه: آی
башҡортса: Ай (юлдаш)
Boarisch: Mond
žemaitėška: Mienolis
беларуская (тарашкевіца)‎: Месяц (спадарожнік)
български: Луна
भोजपुरी: चंद्रमा
বাংলা: চাঁদ
བོད་ཡིག: ཟླ་བ།
brezhoneg: Loar
буряад: Һара
català: Lluna
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Nguŏk-giù
Tsetsêhestâhese: Taa'é-eše'he
کوردی: مانگ
corsu: Luna
qırımtatarca: Ay (kök cismi)
čeština: Měsíc
kaszëbsczi: Miesądz
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Мѣсѧць
Cymraeg: Lleuad
dansk: Månen
Deutsch: Mond
डोटेली: चन्द्रमा
ދިވެހިބަސް: ހަނދު
Ελληνικά: Σελήνη
emiliàn e rumagnòl: Lónna
English: Moon
Esperanto: Luno
español: Luna
eesti: Kuu
euskara: Ilargia
estremeñu: Luna
فارسی: ماه
Fulfulde: Lewru
suomi: Kuu
Võro: Kuu
føroyskt: Mánin
français: Lune
arpetan: Lena
Nordfriisk: Moune
furlan: Lune
Gaeilge: An Ghealach
贛語: 月光
Gàidhlig: Gealach
Avañe'ẽ: Jasy
ગુજરાતી: ચંદ્ર
Gaelg: Yn Eayst
Hausa: Wata
客家語/Hak-kâ-ngî: Ngie̍t-khiù
Hawaiʻi: Mahina
עברית: הירח
हिन्दी: चन्द्रमा
Fiji Hindi: Chandarma
hrvatski: Mjesec
hornjoserbsce: Měsačk
Kreyòl ayisyen: Lalin
magyar: Hold
հայերեն: Լուսին
interlingua: Luna
Bahasa Indonesia: Bulan
Interlingue: Lune
ꆇꉙ:
Ilokano: Bulan
ГӀалгӀай: Бутт (новкъар)
Ido: Luno
íslenska: Tunglið
italiano: Luna
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᑕᖅᑭᖅ
日本語:
Patois: Muun
la .lojban.: lunra
Basa Jawa: Rembulan
ქართული: მთვარე
Qaraqalpaqsha: Ay
Taqbaylit: Ayyur (itri)
Адыгэбзэ: Мазэ
Kabɩyɛ: Fenaɣ
қазақша: Ай (серік)
kalaallisut: Qaammat
ភាសាខ្មែរ: ព្រះច័ន្ទ
ಕನ್ನಡ: ಚಂದ್ರ
한국어:
Перем Коми: Тӧлісь
कॉशुर / کٲشُر: ज़ून
Ripoarisch: Moond (Ääd)
kurdî: Heyv
коми: Тӧлысь
kernowek: Loor
Кыргызча: Ай
Latina: Luna
Ladino: Luna
Lëtzebuergesch: Äerdmound
лезги: Варз
Lingua Franca Nova: Luna
Limburgs: Maon
Ligure: Lunn-a
lumbaart: Lüna
lietuvių: Mėnulis
latviešu: Mēness
мокшень: Ков
Malagasy: Volana
македонски: Месечина
മലയാളം: ചന്ദ്രൻ
монгол: Сар
मराठी: चंद्र
Bahasa Melayu: Bulan (satelit)
Malti: Qamar
Mirandés: Luna
မြန်မာဘာသာ: လ (ကမ္ဘာရံဂြိုဟ်)
Dorerin Naoero: Maraman
Nāhuatl: Metztli
Napulitano: Luna
Plattdüütsch: Maand (Eer)
Nedersaksies: Maone (eerde)
नेपाली: चन्द्रमा
नेपाल भाषा: तिमिला
Nederlands: Maan
norsk nynorsk: Månen
norsk: Månen
Novial: Lune
Nouormand: Leune
Diné bizaad: Ooljééʼ
occitan: Luna
ଓଡ଼ିଆ: ଜହ୍ନ
ਪੰਜਾਬੀ: ਚੰਦਰਮਾ
Kapampangan: Bulan
polski: Księżyc
Piemontèis: Lun-a
پنجابی: چن
Ποντιακά: Φέγγος
پښتو: سپوږمۍ
português: Lua
Runa Simi: Killa
rumantsch: Glina
română: Luna
armãneashti: Lunâ
русский: Луна
русиньскый: Місяць (сателіт)
संस्कृतम्: चन्द्रः
саха тыла: Ый
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱧᱤᱫᱟᱹ ᱪᱟᱸᱫᱚ
sardu: Luna
sicilianu: Luna
Scots: Muin
سنڌي: چنڊ
davvisámegiella: Mánnu
srpskohrvatski / српскохрватски: Mjesec
Simple English: Moon
slovenčina: Mesiac
slovenščina: Luna
Soomaaliga: Bil
shqip: Hëna
српски / srpski: Месец
Seeltersk: Moune
Basa Sunda: Bulan (satelit)
svenska: Månen
Kiswahili: Mwezi
ślůnski: Mjeśůnczek
தமிழ்: நிலா
ತುಳು: ಚಂದ್ರೆ
తెలుగు: చంద్రుడు
тоҷикӣ: Моҳтоб
Türkmençe: Aý (hemra)
Türkçe: Ay
татарча/tatarça: Ай (иярчен)
тыва дыл: Ай
українська: Місяць (супутник)
اردو: چاند
oʻzbekcha/ўзбекча: Oy
vèneto: Łuna
vepsän kel’: Kudmaine
Tiếng Việt: Mặt Trăng
West-Vlams: Moane
Volapük: Mun
walon: Lune
吴语: 月球
მარგალური: თუთა (ალმაშარე)
ייִדיש: לבנה
Yorùbá: Òṣùpá
Vahcuengh: Ronghndwen
Zeêuws: Maen (Aerde)
中文: 月球
文言:
Bân-lâm-gú: Goe̍h-niû
粵語: 月光
isiZulu: Inyanga