Kumite

Kumite (en xaponés: 組手, encontro de mans) é o termo usado nas artes marciais do Xapón para identificar a realización dun combate. Segundo o pensamento tradicional, de que as artes marciais son un instrumento letal, é imposíbel e, por tanto, desaconsellábel participar dunha loita, agás no ambiente de guerra ou para defensa persoal. Nos estilos modernos e nas escolas que seguen os preceptos do Budo, máis especificamente as escolas novas, ou gendai budo, a práctica de loita foi incorporada como instrumento de adestramento.[1][2]

As escolas tradicionais de artes marciais baseaban o seu adestramento na repetición incansábel dos kata, cuxa finalidade é exactamente proporcionar un ambiente de loita controlada, pois todos os golpes, de ataque e de defensa, ou a mera movementación teñen o potencial de seren letais, polo que a práctica da loita como forma de adestramento é severa e totalmente prohibida.[3]

Por outro lado, as loitas entre os expertos non era algo estraño, pois era permitida cando os loitadores tiñan reputación de grandes guerreiros e aceptaban a hipótese de que un deles ou ambos poderían saír mortos do encontro. Deste xeito, había basicamente dúas hipóteses en que acontecería unha loita: cando fose feito un desafío a un grande mestre ou a unha escola, na práctica coñecida como dojo yaburi. Non obstante, cando un desafío era realizado, non era permitido que calquera dos loitadores demostrase sentimento de vaidade, pois iso era visto como deshonroso.[4]

Coa evolución das artes marciais, cando os aspectos pedagóxicos e filosóficos tomaron relevancia, a práctica da loita pasou a ser máis acepta. Algúns mestres dicían que sen o exercicio real das técnicas de loita, as artes marciais perderían o seu obxectivo e o seu espírito.[5][6]

O karate pasou a basear o seu ensino en tres piares, sendo un deles o kumite. O judo, á súa vez, estimulaba a práctica do adestramento de loita, chamado grosso modo randori, como forma de adestramento e tamén a promoción de competicións de loita. En todo no caso de que, os mestres desas artes marciais recoñeceran o real perigo de lesión grave e morte, se a loita non fose realizada dentro dun ambiente controlado.[7]

  • notas

Notas

  1. Donohue, John (1999). Tuttle, ed. Complete Kendo (en inglés). North Clarendon. p. 74. 
  2. Sotaro Honda. "Attitudes to Ji-geiko" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2014. 
  3. Nagamine, Shoshin (2005). Kier, ed. La esencia del Karate Do Okinawense (en castelán). p. 47. 
  4. Turnbull, Stephen (2013). Tuttle, ed. The Samurai Swordsman: Master of War (en inglés). p. 175. 
  5. Kanazawa, Hirokazu (2004). Kodansha International, ed. Karate Fighting Techniques: The Complete Kumite (en inglés). p. 12. 
  6. Kim, Ashida (1994). Lulu, ed. Forbidden Fighting Techniques of the Ninja (en inglés). p. 119. 
  7. Nakayama, Masatoshi. Cultrix, ed. Melhor Do Karate (en portugués) 1. São Paulo. p. 112. 
Other Languages
asturianu: Kumite
català: Kumite
čeština: Kumite
dansk: Kumite
Deutsch: Kumite
English: Kumite
español: Kumite
فارسی: کومیته
suomi: Kumite
français: Kumite
hrvatski: Kumite
italiano: Kumite
日本語: 組手 (空手)
lietuvių: Kumitė
Nederlands: Kumite
polski: Kumite
português: Kumite
română: Kumite
русский: Кумите
српски / srpski: Кумите
svenska: Kumite
Tiếng Việt: Kumite