KulturNav

KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.[1] O proxecto iniciouse no 2013 e a páxina estivo completamente operativa o 20 de xaneiro de 2015. É utilizado por arredor de 130 museos de Noruega e Suecia.[2][3][4]

Segundo o seu propio sitio web, KulturNav está deseñado para mellorar o acceso á información sobre o patrimonio cultural en arquivos, bibliotecas e museos, traballando con metadatos comúns. Así, distintas institucións poden colaborar para construír unha base de datos e terminoloxía estándar.[5] Segundo o Centro de Arquitectura e Deseño Skeppsholmen, KulturNav posúe un rexistro bastante completo de arquitectos suecos.[6]

Software

KulturNav emprega a tecnoloxía KulturIT, un software desenvolvido e mantido en conxunto entre o Museo de Cultura Popular de Noruega e o Museo Lillehammer, un proxecto sen fins de lucro.[7] KulturIT baséase no sistema de datos con ligazóns, o que o fai compatible con outras fontes que utilicen a mesma tecnoloxía.[8]

A API soporta consultas con HTTP GET, as cales non teñen un sistema de autentificación e autorización, o que significa que só se pode consultar contido que sexa público.[9] O sistema foi desenvolvido baseándose en Play Framework, xunto con Solr e jQuery.[10]

Other Languages
dansk: KulturNav
Ελληνικά: KulturNav
English: KulturNav
español: KulturNav
فارسی: کولتورناو
Gàidhlig: KulturNav
português: KulturNav
svenska: Kulturnav