Kobe Bryant

Kobe Bryant
PosiciónEscolta
Dorsal8, 24
Altura1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial96 kg (212 lb)
Nacemento23 de agosto de 1978 (39 anos)
Flag of Pennsylvania.svg Filadelfia, Pensilvania
Carreira
InstitutoLower Merion, Pensilvania
NBA Draft1996 / Rolda: 1 / Elección: 13

Por Charlotte Hornets

Tempadas19962016
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos    33 643 (25,0 pp)
Rebotes    7 047 (5,2 pp)
Asistencias    6 306 (4,7 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Kobe Bean Bryant, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de agosto de 1978, é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante toda a súa carreira para Los Angeles Lakers na National Basketball Association (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no Draft da NBA de 1996 polos Charlotte Hornets, e logo traspasado aos Lakers dos Ánxeles. Bryant e o entón compañeiro de equipo Shaquille O'Neal lideraron aos Lakers para conseguir tres campionatos consecutivos da NBA, dende 2000 até 2002. Despois da saída de O'Neal ao final da tempada 2003-04, Bryant converteuse na pedra angular da franquía californiana. Bryant foi o máximo anotador da liga en 2005-06 e 2006-07, conseguindo en 2006 81 puntos nun só encontro contra os Toronto Raptors, o segundo maior número de puntos anotados nun só xogo na historia da NBA despois dos 100 puntos de Wilt Chamberlain.

Bryant foi galardoado co trofeo ao Xogador máis Valioso da tempada regular da NBA (MVP) en 2008, levando ao seu equipo ás Finais da NBA como o primeiro clasificado da Conferencia Oeste, aínda que perdendo finalmente contra os Boston Celtics. Con todo, ao ano seguinte gañou o seu cuarto campionato da NBA, conseguindo o que sería o décimo quinto título dos Lakers, gañando tamén o seu primeiro premio MVP das Finais. En 2008, gañou tamén a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín de 2008 como membro do equipo de baloncesto masculino dos Estados Unidos, repetindo galardón en 2012. Dende o seu segundo ano na liga, Bryant participou en tódolos NBA All-Star Game, gañando o premio de MVP do mesmo en 2002, 2007 e 2009. En 2009, a camiseta de Bryant foi o máis vendida en Estados Unidos, Europa e China. Aínda que se lle coñece por varios nomes durante toda a súa carreira, o seu alcume é "Black Mamba". Despois de ser representado por Arn Tellem, Bryant é agora representado por Rob Pelinka. En 2010, Bryant converteuse no máximo anotador de todos os tempos da historia dos Lakers.

Biografía

Bryant naceu en Filadelfia, Pensilvania, sendo o fillo pequeno de Joe, un xogador de baloncesto profesional, e Pam Bryant, tendo ademais dúas irmás maiores; Shaya e Sharia.[1] Cando Bryant tiña seis anos, o seu pai abandonou a NBA e mudouse coa súa familia a Italia, onde xogaría ao baloncesto profesionalmente. O pequeno Bryant aclimatouse ao estilo de vida alí e desenvolveu un fluído italiano. Xa a unha idade temperá, aprendeu a xogar ao fútbol, sendo o seu equipo favorito o AC Milan. O propio baloncestista chegou a dicir que se non se marchara de Italia agora sería xogador de fútbol.

En 1991, Bryant regresou aos Estados Unidos, asistindo ao Instituto Lower Merion de Filadelfia, onde gañou recoñecemento nacional debido á súa espectacular carreira. Bryant foi o máximo anotador da historia do instituto con 2.883 puntos, superando a marca de Wilt Chamberlain (2.359 puntos) e de Carlin Warley (2.441 puntos).[1] No seu ano sénior foi galardoado por USA Today e Parade Magazine co premio Naismith Prep Player of the Year Award e foi incluído no McDonald's All-America Team. Esa tempada, as súas medias foron de 30,8 puntos, 12 rebotes, 6,5 asistencias, 4 roubos de balón e 3,8 tapóns por partido, liderando a Lower Merion ao título estatal Class AAAA cunha marca de 31-2. Ante Marple Newtow, realizou o seu mellor partido anotador con 50 puntos. Tras brillar, Bryant decidiu dar o salto á NBA e presentarse ao Draft, aínda que se optase pola universidade, a súa elección sería a Universidade de Duke.

Other Languages
العربية: كوبي براينت
asturianu: Kobe Bryant
azərbaycanca: Kobi Brayant
беларуская: Кобі Браянт
български: Коби Брайънт
bosanski: Kobe Bryant
català: Kobe Bryant
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Kobe Bryant
čeština: Kobe Bryant
Deutsch: Kobe Bryant
Ελληνικά: Κόμπι Μπράιαντ
English: Kobe Bryant
español: Kobe Bryant
euskara: Kobe Bryant
français: Kobe Bryant
客家語/Hak-kâ-ngî: Kobe Bryant
hrvatski: Kobe Bryant
Kreyòl ayisyen: Kobe bryant
magyar: Kobe Bryant
Հայերեն: Կոբի Բրայանտ
Bahasa Indonesia: Kobe Bryant
íslenska: Kobe Bryant
italiano: Kobe Bryant
Basa Jawa: Kobe Bryant
lietuvių: Kobe Bryant
latviešu: Kobe Braiants
Malagasy: Kobe Bryant
македонски: Коби Брајант
Nederlands: Kobe Bryant
norsk nynorsk: Kobe Bryant
polski: Kobe Bryant
português: Kobe Bryant
Runa Simi: Kobe Bryant
română: Kobe Bryant
русский: Брайант, Коби
srpskohrvatski / српскохрватски: Kobe Bryant
Simple English: Kobe Bryant
slovenčina: Kobe Bryant
slovenščina: Kobe Bryant
Soomaaliga: Kobe Bryant
српски / srpski: Коби Брајант
svenska: Kobe Bryant
Tagalog: Kobe Bryant
Türkçe: Kobe Bryant
українська: Кобі Браянт
vèneto: Kobe Bryant
Tiếng Việt: Kobe Bryant
Volapük: Kobe Bryant
Winaray: Kobe Bryant
მარგალური: კობი ბრაიანტი
Yorùbá: Kobe Bryant
Bân-lâm-gú: Kobe Bryant
粵語: 高比拜仁