Kermit the Frog

Estrela de Kermit en Hollywood Blvd.

Kermit the Frog (coñecida coma a Ra Gustavo en Galicia, pola versión castelá dos programas Sesame Street (Barrio Sésamo) e The Muppet Show (Los Teleñecos) emitidos nos anos oitenta do século XX) é un personaxe ficticio ideado polo creador de monicreques e produtor de televisión Jim Henson en 1955. Kermit é o personaxe central e presentador do show británico-americano The Muppet Show e tamén conta con aparicións frecuentes en Sesame Street.

Desenvolvemento do personaxe

Kermit aparece por vez primeira o 9 de maio de 1955 no show, Sam and Friends. Kermit aparece coma un monicreque caseiro e abstracto cun par de patas redondas e sen o seu distintivo colar, asemellándose máis á aparencia dun lagarto. O prototipo orixinal de Kermit foi fabricado cun abrigo feminino cor turquesa da nai de Henson e unha pelota de ping pong dividida á metade.[1]

Kermit establece a súa aparencia actual durante a filmación do especial de TV " Hey, Cinderella" en 1968 aínda que o especial estreouse en 1969; Kermit altera por completo a súa aparencia, incluíndoselle aletas e un colar; é por vez primeira identificado coma unha ra.

Nome

Seica o nome de Kermit baséase no nome dun coñecido da infancia de Jim Henson, Kermit Scott. Malia a crenza popular, Jim Henson nega que o nome de Kermit se deba a Kermit Scott, senón que Kermit era un nome moi común no século XX.

O nome oficial do personaxe é Kermit the Frog, mais por mor da internalización de The Muppets e Sesame Street (coas súas diferentes adaptacións en diferentes países), Kermit foi renomeado decote. No Brasil, Kermit é chamado Caco o Sapo. En Portugal, Kermit é chamado Cocas o Sapo. Na meirande parte de América Latina, Kermit é chamado Rana René. En España, é chamado Rana Gustavo. No lanzamento de The Muppets (2011), Walt Disney Pictures introduciu o nome Kermit para todas as versións e mercados internacionais.

Other Languages
العربية: الضفدع كامل
asturianu: Kermit the Frog
dansk: Kermit
Esperanto: Kermit la rano
español: Kermit the Frog
suomi: Kermit
interlingua: Kermit the Frog
Bahasa Indonesia: Kermit
italiano: Kermit la Rana
日本語: カーミット
Bahasa Melayu: Kermit the Frog
Nederlands: Kermit de Kikker
polski: Kermit Żaba
português: Kermit the Frog
Simple English: Kermit the Frog
svenska: Kermit
Türkçe: Kurbağa Kermit