Kenzaburō Ōe

Kenzaburō Ōe
Nobel prize medal.svg
Paris - Salon du livre 2012 - Kenzaburō Ōe - 003.jpg
Nacemento 31 de xaneiro de 1935 (82 anos)
Lugar Uchiko
Nacionalidade Xapón
Alma máter Universidade de Tóquio
Ocupación escritor, novelista, ensaísta, guionista, catedrático de universidade e escritor de ciencia ficción
Fillos Hikari Ōe
Coñecido/a por A Personal Matter e The Silent Cry
Premios Premio Nobel de Literatura, Legião de Honra, Akutagawa Prize, Kawabata award, Shinchosha literature award, Prémio Tanizaki, sen etiquetar e Asahi Prize
editar datos en Wikidata ]
Kenzaburō Ōe.

Kenzaburō Ōe (大江 健三郎), nado en Ouse (na actualidade parte do Uchiko, da prefectura de Ehime) o 31 de xaneiro de 1935, é un escritor xaponés. En 1994 converteuse no segundo xaponés gañador do premio Nobel de Literatura. Foi profesor do Colexio de México. O seu fillo, Hikari Ōe, padece de deficiencia mental, o que o levou a escribir Unha cuestión persoal (1964). En español foi traducido polo artista Kazuya Sakai e por Miguel Wandenbergh.

Traxectoria

Pasa a súa infancia e adolescencia en Ouse ata que, en 1954, se traslada a Tokio para iniciar a carreira de Filosofía e Letras. Finaliza a súa licenciatura catro anos despois, especializándose en literatura europea.

A súa vocación literaria parte da necesidade de aliviar o desarraigamento cultural e recuperar o que chamou "a mitoloxía do meu pobo". As súas obras, influenciadas fortemente pola literatura francesa, norteamericana e a teoría literaria, ligan coas ideas políticas, sociais e filosóficas incluíndo as armas nucleares, o non conformismo social e o existencialismo. O seu estilo é directo, de frases curtas e contundentes, que se nutren de poderosas imaxes poéticas e abundantes reflexións metafísicas.

En 1958 recibe o Premio Akutagawa pola súa novela "En Presa|Toma", na que narra as súas vivencias infantís.

En 1963 nace o seu fillo Hikari (luz), discapacitado por unha hidrocefalia e condenado ao autismo. Este acontecemento vaise a converter no eixo principal da súa vida e da súa obra. Os seus títulos máis importantes, como Unha cuestión persoal, Dinos como sobrevivir á nosa tolemia ou O berro silencioso virarán, en maior ou menor medida, en torno ao tema do seu fillo, como tamén ¡Espertade, oh novos da nova era! .

No ano 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura, xa que segundo a Academia Sueca, que coa forza poética da súa obra creou un mundo imaxinario, onde a vida e a mente se condensan para formar un cadro desconcertante dos problemas do home nos nosos días.

Other Languages
aragonés: Kenzaburō Ōe
العربية: كنزابورو أوي
azərbaycanca: Kendzaburo Oe
беларуская: Кэндзабура Оэ
беларуская (тарашкевіца)‎: Кэндзабура Оэ
български: Кендзабуро Ое
brezhoneg: Kenzaburō Ōe
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Ōe Kenzaburō
čeština: Kenzaburó Óe
Ελληνικά: Κενζαμπούρο Όε
Esperanto: Oe Kenzaburo
español: Kenzaburō Ōe
français: Kenzaburō Ōe
Gaeilge: Kenzaburo Ōe
Gàidhlig: Kenzaburo Oe
hrvatski: Kenzaburo Oe
Bahasa Indonesia: Kenzaburō Ōe
italiano: Kenzaburō Ōe
日本語: 大江健三郎
ქართული: კენძაბურო ოე
Kurdî: Kenzaburo Oe
Latina: Kenzaburo Oe
Lëtzebuergesch: Kenzaburō Ōe
lietuvių: Kenzaburo Oe
latviešu: Kendzaburo Oe
Malagasy: Kenzaburō Ōe
Mirandés: Kenzaburo Oe
Nederlands: Kenzaburo Oë
norsk nynorsk: Kenzaburō Ōe
occitan: Kenzaburo Oe
português: Kenzaburo Oe
română: Kenzaburō Ōe
sicilianu: Kenzaburō Ōe
srpskohrvatski / српскохрватски: Kenzaburō Ōe
Simple English: Kenzaburō Ōe
slovenčina: Kenzaburó Óe
српски / srpski: Кензабуро Ое
svenska: Kenzaburo Oe
Kiswahili: Kenzaburo Oe
Türkçe: Kenzaburo Oe
українська: Кендзабуро Ое
oʻzbekcha/ўзбекча: Kenzaburō Ōe
Tiếng Việt: Ōe Kenzaburo
Yorùbá: Kenzaburō Ōe