Kendo

Combate de kendo.
Kendo na escola agrícola aredor do 1920

O kendō (剣道) é un gendai budō, unha arte marcial xaponesa, no que se utiliza unha armadura ( bōgu) e un sabre de bambú ( shinai). O nome provén do ken: sabre e : camiño, vía.

Os seus orixes derivan do kenjutsu, arte marcial que se realizaba con catana, o sabre xaponés. Debido a cantidade de accidentes que se producían e a que o uso de armas de fogo comezaba a estenderse, a disciplina derivou cara a unha forma de adestramento incruento. A invención do shinai atribúese a Kamiizumi Hidetsuna, e consta de catro láminas de bambú que se manteñen xuntas mediante distintas pezas de pel.

Dise que o bōgu, ou armadura, foi inventado polo mestre Nakanishi Chuzo de Edo en 1750. As diferentes partes que o compoñen sufriron constantes modificacións a partir da armadura de guerra tradicional da época feudal ata a primeira parte do século XIX, para chegar ó uniforme forte e altamente refinado que se utiliza na práctica do kendō moderno.

Historia

Kendo, "O camiño da espada" expresa a esencia das artes da loita xaponesas. Dende o primeiro goberno samurai no Xapón, durante o período Kamakura (1185-1233), esgrimir a espada, xunto coa equitación e o tiro con arco, foron a busca principal dos clans militares. Neste período, o kendo desenvolveuse baixo unha forte influencia do budismo zen. O samurai podía equiparar a indiferenza pola súa propia vida no fragor da batalla, o cal era considerado necesario para a vitoria nos combates individuais, co concepto budista da natureza ilusoria da distinción entre vida e morte. Dende ese tempo moitos guerreiros foron ilustrados a través da práctica do kendo. Aqueles espadachíns estableceron escolas de adestramento do kendo que continuaron durante séculos, e cuxa forma básica de kendo practicase hoxe. Os nomes das escolas reflicten a esencia da ilustración do fundador. Desta maneira Itto-Ryu (escola da espada única) indica a ilustración do fundador que todos os cortes coa espada emanaban e estaban contidos nun corte esencial orixinal. A Muto (escola sen espada) expresaba a comprensión do fundador Yamaoka Tesshu, que dicía "Non hai espada fóra da mente" así mesmo expresaba o entendemento de que a esencia do kendo transcendía o proceso de pensamento reflexivo.

Os exercicios formais de kendo que se deixaron en algún momento moitos séculos atrás son estudados hoxe usando espadas de madeira na forma de ' kata'. Nos adestramentos e nos combates úsanse espadas de bambú e sólidas armaduras. Así pois hoxe en día é posible embarcarse na busca da ilustración espiritual seguida polo samurai de antano. Conceptos como o Mushin ou 'mente vacía' tan expresados expoñentes do zen son a esencia do logro dos altos niveles do kendo. Fudoshin ou 'mente impasible' son conceptos atribuídos á deidade Fudo Myo-O (Acala), un dos cinco 'reis da luz' no budismo shingon, implica que as barreiras non poden ser arrastradas pola desilusión da furia, dúbida, medo e sorpresa presentadas polas accións do opoñente.

No 1920, Dai Nippon Butoku Kai (大日本武徳会, promotora da fundación xaponesa de artes marciais) cambiou o nome de Gekiken (撃剣, espada golpeadora) por Kendo

Other Languages
العربية: كندو
asturianu: Kendo
azərbaycanca: Kendo
беларуская: Кэндо
беларуская (тарашкевіца)‎: Кэндо
български: Кендо
català: Kendo
čeština: Kendó
dansk: Kendo
Deutsch: Kendō
Ελληνικά: Κέντο
English: Kendo
Esperanto: Kendo
español: Kendō
eesti: Kendō
euskara: Kendo
فارسی: کن‌دو
suomi: Kendō
français: Kendō
עברית: קנדו
hrvatski: Kendo
magyar: Kendó
Bahasa Indonesia: Kendo
íslenska: Kendo
italiano: Kendō
日本語: 剣道
한국어: 검도
Кыргызча: Кендо
Latina: Kendo
lietuvių: Kendo
മലയാളം: കെൻഡോ
монгол: Кэндо
Bahasa Melayu: Kendo
Nederlands: Kendo
norsk nynorsk: Kendo
norsk: Kendo
ਪੰਜਾਬੀ: ਕੇਂਦੋ
polski: Kendo
português: Kendo
română: Kendō
русский: Кэндо
Scots: Kendo
srpskohrvatski / српскохрватски: Kendo
Simple English: Kendo
slovenščina: Kendo
српски / srpski: Кендо
svenska: Kendo
Türkçe: Kendo
українська: Кендо
Tiếng Việt: Kendo
中文: 劍道