Joseph Kabila

Joseph Kabila

Joseph Kabila, nado o 4 de xuño de 1971, é o presidente da República Democrática do Congo desde o asasinato do seu pai Laurent-Désiré Kabila en xaneiro de 2001, no transcurso da Segunda Guerra do Congo.

Traxectoria

Gañou as eleccións presidenciais de 2006 polo que continuou no cargo. O seu partido político é o Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia.

Intentou deter a guerra civil e facer que se retiraran as tropas estranxeiras do Congo con certo éxito. Tras un acordo de paz, unha administración temporal púxose en marcha en 2003. Nela incluíronse ós xefes dos dous principais grupos rebeldes nos cargos de vicepresidentes. Coa fin de organizar eleccións antes da fin de 2005, distribuíronse os cargos proporcionalmente.

O 28 de marzo de 2004 os seguidores do antigo presidente Mobutu Sese Seko intentaron derrocar ó fillo de Kabila mediante un golpe de estado.

Desde a súa chegada ó poder, Joseph Kabila debeu facer fronte a continuas guerras no leste do Congo ou ás forzas rebeldes internas ou apoiadas polos gobernos veciños ( Uganda e Ruanda) que fan reinar a inestabilidade mediante a violencia, o crime e a pillaxe dos recursos mentres a comunidade internacional parece desviar a mirada. Os rebeldes séntense ademais motivados por cousas distintas á obtención da vitoria e o control das minas de ouro e diamante: que Kabila permita que os antigos xenocidas hutus se rearmen e realicen incursións militares en Burundi. Tanto Ruanda como Burundi desexan acabar co período de inestabilidade da rexión dos Grandes Lagos, así como dar caza ós milicianos que se reagrupan ó leste do Congo.

Other Languages
aragonés: Joseph Kabila
العربية: جوزيف كابيلا
беларуская: Жазеф Кабіла
български: Жозеф Кабила
brezhoneg: Joseph Kabila
català: Joseph Kabila
čeština: Joseph Kabila
Deutsch: Joseph Kabila
Thuɔŋjäŋ: Jothep Kabila
Ελληνικά: Ζοζέφ Καμπιλά
English: Joseph Kabila
Esperanto: Joseph Kabila
español: Joseph Kabila
français: Joseph Kabila
hrvatski: Joseph Kabila
Bahasa Indonesia: Joseph Kabila
italiano: Joseph Kabila
ქართული: ჟოზეფ კაბილა
Taqbaylit: Joseph Kabila
lingála: Joseph Kabila
lietuvių: Joseph Kabila
Nederlands: Joseph Kabila
norsk nynorsk: Joseph Kabila
occitan: Joseph Kabila
português: Joseph Kabila
română: Joseph Kabila
русский: Кабила, Жозеф
Simple English: Joseph Kabila
slovenčina: Joseph Kabila
српски / srpski: Жозеф Кабила
svenska: Joseph Kabila
Kiswahili: Joseph Kabila
Türkçe: Joseph Kabila
українська: Жозеф Кабіла
Tiếng Việt: Joseph Kabila
Yorùbá: Joseph Kabila