José Rodríguez Carracido

Rodríguez Carracido, retratado por Kaulak.

José Rodríguez Carracido, nado en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1856 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1928, foi un bioquímico galego.

Traxectoria

Placa nunha rúa de Madrid.

Pioneiro da bioquímica en España, Carracido foi unha persoa interesada por tódalas facetas do coñecemento. Foi catedrático de química orgánica e logo de química biolóxica. Antiatomista en principio, logo houbo de asumir a constitución atómica. Acadou unha grande cultura (tivo asemade a faceta de periodista e literato) e popularidade como científico. Foi elixido senador pola Universidade de Granada en 1910, e de 1914 a 1922. En 1923 foi nomeado senador vitalicio.

Other Languages