José Luís Fontenla Rodrigues

José Luís Fontenla Rodrigues, nado en Pontevedra o 9 de febreiro de 1944, é un avogado, político, escritor e pintor galego.

Traxectoria

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao comité executivo do Partido Galego Social Demócrata e contribuíu á constitución do Consello de Forzas Políticas Galegas, que defende a ruptura democrática e a instauración dun estado confederal. Participou na fundación da editorial SEPT, A Nosa Terra, e a Asociación Cultural O Galo de Santiago de Compostela, da que foi presidente. Preside a Associação Amizade Galiza-Portugal, a Associação Cultural Lusófona Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e a Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa. Fundador e director das revistas da lusofonía Nós, Cadernos do Povo, Temas do Ensino de Lingüística, sociolingüística e literatura, encabezou as delegacións de Galicia nos Encontros de Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa en Rio de Janeiro (1986) e en Lisboa (1990). Forma parte do equipo investigador do Centro de Estudos Luso-Brasileiros (CELB) da Universidade de San Petersburgo.

Other Languages