John Malkovich

John Malkovich
John Malkovich KVIFF.jpg
John Malkovich, agosto do 2009.
Nome completo John Gavin Malkovich
Nacemento 9 de decembro de 1953 (64 anos)
Lugar Christopher, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América
Cónxuxe(s) Glenne Headly (1982–1988), Nicoletta Peyran (1989–presente)
Fillos Amadine e Lowry
Profesión Actor
editar datos en Wikidata ]

John Gavin Malkovich nado en Christopher ( Illinois) o 9 de decembro de 1953, é un actor, produtor e director de cine e teatro estadounidense. Ó longo de 30 anos de carreira, Malkovich apareceu en máis de 70 filmes. Polos seus papeis en Places in the Heart e In the Line of Fire recibiu nomeamentos ós Premios Oscar. Tamén apareceu e filmes louvados pola crítica como O imperio do sol, The Killing Fields, Dangerous Liaisons, Of Mice and Men, Con Air, Being John Malkovich, and RED, e produciu moitos filmes como Juno e The Perks of Being a Wallflower.

Traxectoria

O avó de Malkovich era croata desprazado ós Estados Unidos. O seu pai, Daniel foi moi polifacético (escritor, xornalista, fotógrafo), destacando o seu labor na conservación do patrimonio arquitectónico e natural. A súa nai Joanne foi editora dun xornal local de Benton ( Illinois), onde Johnn pasou a súa infancia. Foi á Universidade do Estado de Illinois, pero non rematou os seus estudos e, finalmente, decantouse polo teatro e máis tarde polo cinema.

Estivo casado coa tamén actriz Glenn Headly entre os anos 1982 e 1988. Máis tarde, en 1989, casou coa súa actual esposa Nicoletta Peyran, asistente de dirección, a quen coñeceu na rodaxe do filme The Sheltering Sky. Teñen unha filla, Amadine, nada en 1990, e un fillo, Lowry, nado en 1992.

Gran fan de cultura mediterránea, viviu na Provenza durante moitos anos e visita regularmente Cataluña, xa que é un apaixonado da arquitectura modernista e un gran experto sobre a figura do arquitecto Josep Maria Jujol.

Other Languages
Afrikaans: John Malkovich
asturianu: John Malkovich
български: Джон Малкович
čeština: John Malkovich
Ελληνικά: Τζον Μάλκοβιτς
Esperanto: John Malkovich
español: John Malkovich
français: John Malkovich
hrvatski: John Malkovich
Հայերեն: Ջոն Մալկովիչ
Bahasa Indonesia: John Malkovich
italiano: John Malkovich
한국어: 존 말코비치
Lëtzebuergesch: John Malkovich
Malagasy: John Malkovich
македонски: Џон Малковиќ
Nederlands: John Malkovich
português: John Malkovich
română: John Malkovich
srpskohrvatski / српскохрватски: John Malkovich
Simple English: John Malkovich
slovenčina: John Malkovich
slovenščina: John Malkovich
српски / srpski: Џон Малкович
Türkçe: John Malkovich
українська: Джон Малкович
Tiếng Việt: John Malkovich
მარგალური: ჯონ მალკოვიჩი