John Boorman

John Boorman
JohnBoorman 2006.jpg
Boorman en 2006
Nacemento 18 de xaneiro de 1933 (84 anos)
Lugar Shepperton, Middlesex
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Cónxuxe(s) Christel Kruse
Fillos Charley Boorman
Profesión Director, produtor, guionista

John Boorman, nado en Shepperton ( Middlesex) o 18 de xaneiro de 1933 é un cineasta británico residente en Irlanda.

Traxectoria

Boorman comezou a traballar coma tintureiro e xornalista na década de 1950. Formou parte do equipo de noticias da Southern Television en Southampton e Dover antes de pasar a dirección de documentais para a televisión, chegando a ser xefe da unidade de documentais da BBC en Bristol en 1962.

O produtor David Deutsch ofreceulle a realización do filme Catch Us If You Can (1965) sobre o grupo pop Dave Clark Five. O filme non foi un éxito mais logrou algunhas boas críticas. Boorman pasou logo a Hollywood para dirixir A queimarroupa (1967), contando co apoio de Lee Marvin. Tras este filme volveu contar con Marvin e con Toshiro Mifune para Hell in the Pacific (1968), historia sobre dous soldados náufragos nunha illa.

En 1972 conseguiu un grande éxito con Deliverance, adaptado dunha novela de James Dickey. A principios desa década Boorman planeaba filmar unha adaptación de O Señor dos Aneis e intercambiou correspondencia con J. R. R. Tolkien sobre os seus plans. Finalmente a produción resultaría moi cara, mais pódense apreciar algúns elementos en Excalibur.

Hope and Glory (1987) é o seu filme máis autobiográfico, contando a historia da súa infancia durante o bombardeo de Londres.

Cando o seu amigo David Lean morreu en 1991, anunciouse que Boorman tomaría a dirección da adaptación de Nostromo, pero o proxecto caeu.

Other Languages
العربية: جون بورمان
brezhoneg: John Boorman
català: John Boorman
Deutsch: John Boorman
English: John Boorman
español: John Boorman
euskara: John Boorman
فارسی: جان بورمن
français: John Boorman
Gaeilge: John Boorman
hrvatski: John Boorman
magyar: John Boorman
Bahasa Indonesia: John Boorman
italiano: John Boorman
latviešu: Džons Būrmens
Nederlands: John Boorman
polski: John Boorman
português: John Boorman
русский: Бурмен, Джон
Simple English: John Boorman
svenska: John Boorman
Türkçe: John Boorman