Johann Joachim Quantz

Johann Joachim Quantz
Johann Joachim Quantz.jpg
Johann Joachim Quantz
Nome completoPau Casals Defilló
Nacemento30 de xaneiro de 1697
OrixeOberscheden, Baixa Saxonia Flag of Lower Saxony.svg
Falecemento12 de xullo de 1773 en Potsdam (Bradeburgo) Flag of Brandenburg.svg
 Potsdam
OcupaciónFrautista
editar datos en Wikidata ]

Johann Joachim Quantz, nado en Oberscheden (Baixa Saxonia) o 30 de xaneiro de 1697 e finado en Potsdam o 12 de xullo de 1773, foi un compositor e frautista alemán, ademais de mestre de frauta do rei Federico II de Prusia.

Traxectoria

Comezou a demostrar o seu talento musical moi cedo. Aos 8 anos xa tocaba o contrabaixo en festivais locais. En 1708, ao morrer o seu pai, ferreiro de profesión, foise vivir a casa do seu tío Justus Quantz, membro da orquestra da cidade de Merseburg, co que comezou os seus estudos musicais. Trala morte do seu tío, o xenro deste, Johann Adolf Fleischhack tomou a Quantz como alumno. Ao rematar os sus estudos sabía tocar os principais instrumentos de corda e todos os de vento usuais, a excepción da frauta travesa.

En marzo de 1716 ingresou na orquestra municipal de Dresde, un ano máis tarde viaxou a Viena onde estudou composición con Jan Dismas Zelenka e Johann Joseph Fux. En 1718 foi nomeado oboísta na capela polaca de Augusto II en Varsovia. Especializouse no estudo da frauta traveseira baixo a dirección de Pierre Buffardin.

Estudou contrapunto en Roma con Francesco Gasparini e durante as súas viaxes por Europa coñeceu persoalmente a Scarlatti e a Händel.

En 1728 converteuse en frautista da capela de Dresde. Alí, durante un concerto coñeceu o príncipe Federico de Prusia, máis tarde chamado Federico o Grande, quen o tomou como mestre particular de frauta.

Cando o príncipe chegou a ser proclamado rei, Quantz pasou ás ordes directas do novo monarca e impartiulle clases diarias de frauta e composición. Mesmo lle acompañaba nas súas campañas militares. Quantz permaneceu como compositor da corte e músico de cámara de Federico o resto da súa vida, interpretando as súas propias composicións, así como as do rei. Só el tiña o privilexio de criticar o rei, en sentido positivo ou negativo.

Other Languages