Jerry Lucas

Jerry Lucas
PosiciónAla-pivote / Pivote
Dorsal16, 47, 32
Altura2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial104 kg (230 lb)
Nacemento30 de marzo de 1940 (78 anos)
Estado de Ohio Middletown, Ohio
Carreira
UniversidadeOhio State
NBA Draft1962 / Elección: Territorial
Por Cincinnati Royals
Tempadas19621974
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos    14 053 (17,0 pp)
Rebotes    12 942 (15,6 pp)
Asitencias    2 732 (3,3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Jerry Ray Lucas, nado o 30 de marzo de 1940 en Middletown, Ohio, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado como elección territorial do Draft de 1962 polos Cincinnati Royals (actuais Sacramento Kings), onde xogaría até 1969. No seu primeiro ano como profesional gaña o premio ao Rookie do Ano. Con todo, o seu maior éxito foi noutro equipo, xa que consegue facerse co anel de campión da NBA en 1973 cos New York Knicks. A nivel individual, tamén foron destacábeis as súas sete presenzas no All-Star, sendo nomeado mellor xogador do partido (MVP) en 1965. Tamén foi votado en 1996 como uns dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e admitido no Basketball Hall of Fame como xogador en 1980 e como parte do equipo olímpico de 1960, con quen conseguiu a medalla de ouro, en 2010.

Traxectoria

Universidade

Hayes en 1965.

Até 150 universidades pelexáronse por contar cos seus servizos, podendo elixir entre destacábeis programas deportivos como o de Kentucky, mais preferiu quedar preto de casa e elixiu a Universidade de Ohio State. Levou á súa universidade a tres finais estatais consecutivas, gañando o campionato da NCAA en 1960. Nos seus tres anos universitarios foi elixido no mellor quinteto do país, grazas a unhas medias de 24,3 puntos e 17,2 rebotes por partido. En 1999, a revista deportiva Sports Illustrated incluíuno no "mellor quinteto universitario do século XX". Ohio State retirou na súa honra o seu dorsal número 11, sendo a primeira vez que o facía.

En 1960 formou parte do equipo nacional que conseguiu o ouro nos Xogos Olímpicos de Roma.

NBA

Foi elixido na sexta posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1962 polos Cincinnati Royals como elección territorial. Porén, non debutou na NBA até o ano seguinte, despois dun breve paso pola desaparecida liga ABL. Foi nomeado Rookie do Ano na súa primeira temporada, e, nas dúas seguintes, fixo medias de máis de 20 puntos e 20 rebotes por partido, algo que soamente conseguira Wilt Chamberlain, sendo ademais o único ala en conseguir máis de 20 rebotes por partido nunha tempada.

Comezada xa a tempada 1969-70 foi traspasado aos San Francisco Warriors, para recalar un ano despois nos New York Knicks, cos que gañou o título en 1973, sendo o primeiro xogador da historia en gañar títulos en instituto, universidade, olimpíadas e profesionais. Retirouse en 1974.

Equipos

Other Languages
العربية: جيري لوكاس
asturianu: Jerry Lucas
تۆرکجه: جری لوکاس
català: Jerry Lucas
Deutsch: Jerry Lucas
English: Jerry Lucas
español: Jerry Lucas
فارسی: جری لوکاس
français: Jerry Lucas
עברית: ג'רי לוקאס
hrvatski: Jerry Lucas
Bahasa Indonesia: Jerry Lucas
italiano: Jerry Lucas
lietuvių: Jerry Lucas
latviešu: Džerijs Lūkass
Malagasy: Jerry Lucas
монгол: Жерри Лукас
polski: Jerry Lucas
português: Jerry Lucas
русский: Лукас, Джерри
srpskohrvatski / српскохрватски: Jerry Lucas
српски / srpski: Џери Лукас
svenska: Jerry Lucas
Türkçe: Jerry Lucas
Volapük: Jerry Lucas
Winaray: Jerry Lucas