Jerome Karle

Jerome Karle
Nobel prize medal.svg
Jerome Karle, 2009.jpg
Jerome Karle
Datos persoais
Nacemento18 de xuño de 1918
LugarNova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento6 de xuño de 2013
LugarAnnandale Virxinia Estados Unidos de América Estados Unidos
Causacancro de fígado
SoterradoOcéano Atlántico
Nacionalidadeestadounidense
CónxuxeIsabella Karle
Actividade
Campo
  • Fisicoquímica
  • Alma máter
  • City College of New York
  • Universidade Harvard
  • Universidade de Detroit Misericordia
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • desenvolvemento de métodos directos
  • PremiosPremio Nobel de Química (1985)
    editar datos en Wikidata ]

    Jerome Karle, nado o 18 de xuño de 1918 en Nova York e falecido o 6 de xuño de 2013 en Annandale (Virxinia), foi un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química en 1985.

    Traxectoria

    Tras cursar estudos secundarios na Abraham Lincoln High School de Nova York, pasou a estudar química e física na Universidade de Nova York, na que se graduó en 1937. Posteriormente ampliou estudos na Universidade Harvard, na que levou a cabo un máster en 1938, e para rematar na Universidade de Detroit Misericordia en Míchigan, na que se doutorou en 1944.

    Investigación científica

    Involucrouse inicialmente no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica, xunto á súa esposa, Isabella Karle, unha das poucas mulleres involucradas no proxecto.

    Especialista en cristalografía, como director de investigación do Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos en Washington iniciou unha colaboración co matemático Herbert A. Hauptman na procura de estruturas cristalinas moleculares de átomos lixeiros para analizar os correspondentes espectros de difracción de raios X dos neutróns e electróns mediante novos métodos matemáticos. Os resultados destes estudos contribuíron de modo decisivo a mellorar o coñecemento de temas de química inorgánica como a determinación de radios iónicos e atómicos de átomos metálicos, as estruturas de complexos inorgánicos e compostos intermetálicos.

    En 1985 foi galardoado, xunto a Herbert A. Hauptman, co Premio Nobel de Química pola súa contribución ao desenvolvemento de métodos directos para determinar estruturas cristalinas.

    Faleceu como consecuencia dun cancro de fígado nun fogar de anciáns.

    Other Languages
    العربية: جيروم كارل
    تۆرکجه: جروم کارل
    български: Джеръм Карл
    català: Jerome Karle
    čeština: Jerome Karle
    Deutsch: Jerome Karle
    English: Jerome Karle
    español: Jerome Karle
    euskara: Jerome Karle
    فارسی: جروم کارل
    français: Jerome Karle
    Gàidhlig: Jerome Karle
    עברית: ג'רום קרל
    Bahasa Indonesia: Jerome Karle
    italiano: Jerome Karle
    한국어: 제롬 칼
    lietuvių: Jerome Karle
    Plattdüütsch: Jerome Karle
    Nederlands: Jerome Karle
    occitan: Jerome Karle
    polski: Jerome Karle
    پنجابی: جیروم کارل
    português: Jerome Karle
    română: Jerome Karle
    русский: Карле, Джером
    Simple English: Jerome Karle
    slovenčina: Jerome Karle
    svenska: Jerome Karle
    Kiswahili: Jerome Karle
    Türkçe: Jerome Karle
    українська: Джером Карлі
    Tiếng Việt: Jerome Karle
    Yorùbá: Jerome Karle
    Bân-lâm-gú: Jerome Karle