Jean-Claude Van Damme

Jean-Claude Van Damme
Jean-Claude Van Damme 2012.jpg
Van Damme no 2012
Nome completoJean-Claude Camille François Van Varenberg
Nacemento18 de outubro de 1960 (58 anos)
LugarBerchem-Sainte-Agathe, Bruxelas, Bélxica Bélxica
NacionalidadeBélxica
Cónxuxe(s)Maria Rodriguez 1980-1984
Cynthia Derderian 1985-1986
Darcy LaPier 1994-1997
Gladys Portugues 1987-1992
(1999–presente)
FillosKristopher Van Varenberg
Bianca Bree
Nicholas Van Varenberg
ProfesiónActor, artista marcial, director
editar datos en Wikidata ]

Jean-Claude Camille François Van Varenberg, nado o 18 de outubro de 1960 en Berchem-Sainte-Agathe, Bruxelas, é un artista marcial e actor belga máis coñecido profesionalmente como Jean-Claude Van Damme[1] famoso polos seus filmes de acción.[2] Entre os seus filmes máis exitosos figuran Bloodsport (1988), Kickboxer (1989), Universal Soldier (1992), Hard Target (1993), Timecop (1994), Sudden Death (1995), JCVD (2008) e The Expendables 2 (2012).[3]

Biografía

Van Damme obtivo a súa primeira fama gañando unha serie de campionatos europeos de karate. A súa primeira aparición na pantalla e na película de 1984 Monaco Forever. Porén, o seu primeiro papel importante e na película de 1985 No Retreat, No Surrender, na que interpretaba a Ivan Krushensk, protagonizada tamén por Kurt McKinney. Foi contratado para interpretar o monstro en Predator. Vestir un traxe moi pesado na xungla era moi duro e Van Damme estaba descontento co seu papel. Non esta claro como deixou a película, algúns din que marchou, outros din que foi substituído cando foi revisado o personaxe. Van Damme di que se despediu intencionadamente para poder facer outras películas. O papel de Van Damme en Bloodsport valeulle un nomeamento como "Peor Nova Estrela" nos Golden Raspberry Awards de 1988 nos que perdeu.

Van Damme fixo o seu camiño primeira liña de Hollywood nos anos 90, acotío traballando con afamados directores estranxeiros. Filmes memorables inclúen Double Impact (1991), Universal Soldier (1992), Nowhere to Run (1993), Hard Target (1993), e o seu filme máis apreciado pola crítica, Timecop (1994). Na maioría dos seus filmes, interpreta a un loitador, policía ou soldado.

A finais dos anos 90, a súa carreira comezou a decaer, con todo continuou facendo películas menores, a miúdo estreadas directamente en vídeo. As súas películas recadaron ó redor de 650 millóns de dólares en todo o mundo, dándolle un lugar no cinema de acción con outros coma Steven Seagal e Chuck Norris.

Tivo problemas coa cocaína e tamén se lle asume un trastorno bipolar. Casou cinco veces incluíndo dúas veces coa súa esposa actual Gladys Portugues.

No 1998, Van Damme e o seu antigo gardacostas Chuck Zito víronse envoltos nunha loita a puñadas nun bar de striptease de Nova York chamado Scores. Ao parecer, Van Damme dixo algo negativo sobre Zito mentres estaba borracho, e Zito enfrontóuselle e empezou a golpear ao seu xefe. Este suceso volveuse notorio nas noticias e resultou un escándalo para o actor.

Other Languages
azərbaycanca: Jan-Klod Van Damm
беларуская: Жан-Клод Ван Дам
беларуская (тарашкевіца)‎: Жан-Клёд Ван Дам
български: Жан-Клод Ван Дам
Kreyòl ayisyen: Jean-Claude Van Damme
Bahasa Indonesia: Jean Claude Van Damme
Bahasa Melayu: Jean-Claude Van Damme
srpskohrvatski / српскохрватски: Jean-Claude Van Damme
Simple English: Jean-Claude Van Damme
српски / srpski: Жан Клод ван Дам
українська: Жан-Клод Ван Дам
oʻzbekcha/ўзбекча: Jean-Claude Van Damme
Tiếng Việt: Jean-Claude Van Damme