Jake Gyllenhaal

Jake Gyllenhaal
Jake Gyllenhaal Cannes 2015.jpg
Jake Gyllenhaal en maio de 2015.
Nome completoJacob Benjamin Gyllenhaal
Nacemento19 de decembro de 1980 (37 anos)
LugarOs Ánxeles (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
ProfesiónActor
(1991-presente)
http://www.jakegyllenhaal.com/
editar datos en Wikidata ]

Jacob Benjamin "Jake" Gyllenhaal, nado nos Ánxeles (California) o 19 de decembro de 1980, é un actor estadounidense. Foi nomeado ós Premios Oscar e ó British Academy of Film and Television Arts.

Traxectoria

Fillo do director sueco Stephen Gyllenhaal e a guionista Naomi Foner, comezou a actuar con 11 anos nun filme do seu pai.

Os papeis máis exitosos de Gyllenhaal comezaron no 1999 con October Sky película na que se conta a historia real de uns amigos que viven nunha pequena vila de Estados Unidos na década de 1950 e que tras observar o lanzamento dun foguete por parte dos rusos deciden construír os seus propios artiluxios. En 2001 con Donnie Darko, no que aparece xunto á súa irmá Maggie Gyllenhaal e no cal facía o papel dun esquizofrénico. No 2002 protagonizou O neno burbulla, aínda que este filme non tivo grande éxito comparado cos dous anteriores. En 2004 protagoniza The Day After Tomorrow, no que facía dun estudante atrapado nunha catástrofe natural provocada polo quentamento global. O ano seguinte realizou o papel cume na súa carreira o cal o levou a gañar varios premios entre o que se atopa o premio da Academia BAFTA como mellor actor secundario no seu papel como vaqueiro homosexual no filme Brokeback Mountain, no cal traballou xunto con Heath Ledger. Este filme está baseado na novela de Annie Proulx. Nese mesmo ano protagoniza a película Jarhead xunto co seu cuñado, Peter Sarsgaard, onde se mete no papel dun marine que viaxa a Iraq para loitar contra as tropas de Sadam Hussein.

Other Languages
Afrikaans: Jake Gyllenhaal
العربية: جيك جيلنهال
asturianu: Jake Gyllenhaal
azərbaycanca: Ceyk Cillenhol
Bikol Central: Jake Gyllenhaal
български: Джейк Джилънхол
čeština: Jake Gyllenhaal
español: Jake Gyllenhaal
français: Jake Gyllenhaal
hrvatski: Jake Gyllenhaal
Bahasa Indonesia: Jake Gyllenhaal
italiano: Jake Gyllenhaal
Кыргызча: Жейк Жилленхол
lietuvių: Jake Gyllenhaal
Nederlands: Jake Gyllenhaal
português: Jake Gyllenhaal
română: Jake Gyllenhaal
srpskohrvatski / српскохрватски: Jake Gyllenhaal
Simple English: Jake Gyllenhaal
slovenčina: Jake Gyllenhaal
slovenščina: Jake Gyllenhaal
српски / srpski: Џејк Џиленхол
Basa Sunda: Jake Gyllenhaal
Türkçe: Jake Gyllenhaal
українська: Джейк Джилленгол
Tiếng Việt: Jake Gyllenhaal
მარგალური: ჯეიკ ჯილენჰოლი
粵語: 積佳蘭賀