Isabel de Hungría

Santa Isabel de Hungría
Francisco de Zurbarán - Saint Elizabeth of Thuringia - Google Art Project.jpg
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1207 en Pozsony, Reino de Hungría (Hoxe Bratislava, Eslovaquia)
Pasamento17 de novembro de 1231 (24 anos) en Marburgo, Landgraviato de Turinxia (Hoxe Hesse, Alemaña)
Proceso de canonización
Canonización27 de maio de 1235[1][2][3], Perugia, Estados Pontificios por Gregorio IX
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica, Igrexa anglicana, Igrexa luterana
Festividade17 de novembro
19 de novembro (Calendario romano xeral 1670-1969)[4]

Santa Isabel de Hungría (en húngaro: Szent Erzsébet, en alemán: Elisabeth von Thüringen), nada en Pozsony, Reino de Hungría o 7 de xullo de 1207 e finada en Marburgo, Landgraviato de Turinxia o 17 de novembro, 1231, foi filla do rei Andrés II o Hierosolimitano (1175–1235) e a súa muller Xertrudis de Andechs-Merania (asasinada en 1213). Isabel quedou viúva sendo aínda nova, dedicou a súa riqueza aos pobres, construíu hospitais e alí atendeu persoalmente aos necesitados. A partir da súa canonización en 1236 converteuse nun símbolo de caridade cristiá para toda Europa, estendéndose o seu culto moi rapidamente e profundamente desde os territorios xermánicos, polacos, húngaros, checos, até os italianos, ibéricos e franceses.

Traxectoria

Isabel naceu en 1207, froito do matrimonio entre o rei Andrés II de Hungría e a súa esposa Xertrudis de Merania. A súa nai era irmá da relixiosa que posteriormente será coñecida como santa Eduviges de Silesia. Isabel creceu na corte húngara xunto aos seus irmáns os príncipes Béla, Colomán e Andrés. En 1215 o seu pai tomou unha nova esposa dous anos despois do asasinato da súa nai, e naceu unha única filla, Violante de Hungría (a posterior esposa do rei Xaime I de Aragón). En 1221 Isabel casou co landgrave Luís de Turinxia-Hesse e segundo os rexistros e lendas, o matrimonio estivo caracterizado por un amor correspondido e felicidade. A Luís non lle preocupaba demasiado a repartición da súa riqueza entre os pobres que Isabel adoitaba levar a cabo, xa que cría que o labor caritativa da súa esposa traeríalle unha recompensa eterna; venéralla en Turinxia como santa. Luís foi un aliado próximo e defensor acérrimo dos Hohenstaufen, e en particular do emperador xermánico Federico II, polo cal na primavera de 1226, cando Turinxia viuse arrasada por inundacións, fame e unha praga, Luís representou a Federico II na Dieta de Cremona. Nesta ocasión, Isabel asumiu o control dos seus asuntos e repartiu esmolas por todo o seu territorio, incluso dando vestidos e adornos da corte aos pobres. Debaixo do castelo de Wartburgo, fixo construír un hospital con 28 camas, e visitaba todos os días aos enfermos para atendelos. Nesa mesma época, o inquisidor Konrad von Marburg converteuse no seu director espiritual.

A vida de Isabel cambiou radicalmente cando Luís morreu por mor da praga o 11 de setembro, 1227, en Otranto, Italia cando se dirixía a unirse á Sexta Cruzada conducida por Federico II. Poucos días despois, o 29 de setembro, Santa Isabel deu a luz á súa filla, a beata Xertrudis de Altenberg, a cal foi enviada a un claustro das monxas Premonstratenses xunto a Wetzlar, onde foi criada como relixiosa e morreu a unha idade avanzada como abadesa en 1300.

Isabel morreu en Marburgo, ben debido a esgotamento físico ou a unha enfermidade, cando contaba só 24 anos de idade. Foi canonizada polo papa Gregorio IX en 1235, achándose presente na cerimonia o propio emperador Federico II Hohenstaufen. A súa carta papal pode verse no Schatzkammer da Deutschordenskirche en Viena, Austria. O día de Pentecostés (28 de maio) do ano 1235, durante a cerimonia de canonización, chamoulla "a muller máis grande da Idade Media alemá". O seu corpo colocouse sobre un magnífico altar dourado — que hoxe aínda pode visitarse — na Elisabethkirche (Igrexa de Santa Isabel, en alemán) en Marburgo. Agora é unha igrexa protestante, pero conta con espazos reservados á fe católica. Marburgo converteuse no centro da Orde Teutónica, que adoptou a Santa Isabel como a súa segunda patroa. A Orde permaneceu en Marburgo ata que Napoleón I de Francia disolveuna en 1803.

Other Languages
brezhoneg: Elesbed Hungaria
Bahasa Indonesia: Erzsébet dari Hongaria
Lëtzebuergesch: Elisabeth vun Thüringen
slovenščina: Elizabeta Ogrska