Isaac Asimov
English: Isaac Asimov

Isaac Asimov
Isaac.Asimov01.jpg
Nome completoИсаáк Ази́мов
AlcumePaul French e H. B. Ogden
Nacementoc. 1920
 Petrovichi
Falecemento6 de abril de 1992
 Brooklyn
CausaSIDA, insuficiencia renal e Insuficiencia cardíaca
NacionalidadeRepública Socialista Soviética Federativa de Rusia, Estados Unidos de América e República Socialista Soviética Federativa de Rusia
EtniaRussian Americans e Pobo xudeu
Relixiónateísmo e Xudaísmo
Alma máterUniversidade de Columbia, Fu Foundation School of Engineering and Applied Science e Columbia University School of Engineering
Ocupaciónbioquímico, novelista, prosista, autobiógrafo, escritor de ciencia ficción, escritor de ciencia, guionista, escritor de non ficción, catedrático de universidade e xornalista
CónxuxeJanet Asimov
Coñecido/a porSaga da Fundación, Robot series, Nightfall, The Intelligent Man's Guide to Science, I, Robot, The Bicentennial Man e The Gods Themselves
PremiosPremios Hugo, James T. Grady-James H. Stack Award for Interpreting Chemistry, Premios Hugo, Humanist of the Year, Edward E. Smith Memorial Award, Prêmio Nebula de Melhor Romance, Locus Award for Best Novel, Premio Hugo á mellor novela, Prêmio Klumpke-Roberts, Nebula Award for Best Novelette, Prêmio Locus para Melhor Noveleta, Hugo Award for Best Novelette, Locus Award for Best Science Fiction Novel, Premio Hugo á mellor novela, Damon Knight Memorial Grand Master Award, Locus Award for Best Short Story, Hugo Award for Best Novelette, Premio Hugo á mellor obra de non ficción, Retro Hugo Award, Cosmos 2000 Award, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Fellow of the Committee for Skeptical Inquiry e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Isaac Asimov signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Isaac Asimov (Isaak Yudovich Ozimov; en ruso: Исаак Юдович Озимов), nado en Petrovichi o 2 de xaneiro de 1920 e finado en Nova York o 6 de abril de 1992, foi un autor e bioquímico estadounidense nado en Rusia.

Trátase dun escritor exitoso e excepcionalmente prolífico coñecido polas súas obras de ciencia ficción e ciencia popular ou divulgación científica. A obra máis famosa de Asimov é a "Saga da Fundación", que despois combinou con dúas das súas outras series, a serie Imperio Galáctico e a serie de Robots. Tamén escribiu sobre misterio e fantasía, así como unha gran cantidade de novelas. De feito, escribiu ou corrixiu máis de 500 volumes e aproximadamente 90.000 cartas ou postais, e ten obras en cada categoría importante no sistema decimal Dewey, excepto en filosofía[1].

Asimov foi membro de Mensa e o asteroide (5020) Asimov foi nomeado así na súa honra.

Traxectoria

Aínda que non se coñece a data exacta, a efectos legais considérase que Asimov naceu o 2 de xaneiro de 1920 en Petrovichi, Rusia (a 400 km ao suroeste de Moscova e 16 km da fronteira con Belarús). Os seus pais, Judah Asimov e Anna Rachel, de orixe xudía, trasládanse a Nova York a principios do ano 1923, cando o autor tiña tres anos. A súa infancia transcorre no barrio neoiorkino de Brooklyn, onde o novo Isaac aprende pola súa conta a ler á idade de cinco anos. A mocidade de Isaac transcorre entre os estudos e o traballo nas distintas tendas de lambetadas que o seu pai rexenta no barrio de Brooklyn. Foi entre eses andeis cheos de cómics onde o mozo Isaac se atopa por primeira vez coa ciencia ficción, e na súa adolescencia comeza a escribir as súas propias historias de ciencia ficción que vende ás revistas (agora clásicas) de ficción chamadas «pulps».

Graduouse na Universidade de Columbia en 1939, e consegue o doutoramento en química en 1948. Daquela únese á Universidade de Boston, onde permanece como asociado mais sen opción a ensinar. A universidade deixa de pagarlle o salario en 1958, mais por entón, os ingresos procedentes do seu traballo como escritor son maiores que os que consegue co seu labor universitario. Asimov permanece na facultade como profesor asociado, e en 1979 ascéndeno a profesor titular. Os seus documentos persoais dos anos 1965 en adiante arquívanse na Biblioteca Mugar Memorial da Universidade de Boston. En 1985 é elixido Presidente da Asociación Humanista Americana, cargo que ocupa ata a súa morte en 1992. O sucesor, amigo e colega de Asimov no seu traballo como escritor foi Kurt Vonnegut Jr. Foi tamén, ata a súa morte, vicepresidente honorario do club Mensa.

Asimov casa o 26 de xullo de 1942 con Gertrude Blugerman, coa que ten dous fillos: David, nado en 1951 e Robyn, en 1955. Tras un longo período de separación, divórcianse en 1973 e a fins deste ano casa con Janet O. Jeppson.

Asimov morre o 6 de abril de 1992, tras contraer o virus do VIH nunha transfusión de sangue durante unha operación de bypass en 1983. Sobreviven a súa viuva Janet e os fillos do seu primeiro matrimonio. Dez anos despois da súa morte, a biografía de Janet Asimov revelou que a súa morte debeuse a un fallo coronario e renal debido á SIDA. Janet dixo entón que os médicos de Asimov lles recomendaron non revelar a causa da súa doenza, mentres que os doutores aseguran que foi ela mesma quen quixo manter o segredo.

Other Languages
Afrikaans: Isaac Asimov
aragonés: Isaac Asimov
العربية: إسحق عظيموف
asturianu: Isaac Asimov
Aymar aru: Isaac Asimov
azərbaycanca: Ayzek Azimov
башҡортса: Азимов Айзек
беларуская: Айзек Азімаў
беларуская (тарашкевіца)‎: Айзэк Азімаў
български: Айзък Азимов
brezhoneg: Isaac Asimov
bosanski: Isaac Asimov
català: Isaac Asimov
čeština: Isaac Asimov
Cymraeg: Isaac Asimov
Deutsch: Isaac Asimov
Ελληνικά: Ισαάκ Ασίμωφ
English: Isaac Asimov
Esperanto: Isaac Asimov
español: Isaac Asimov
euskara: Isaac Asimov
français: Isaac Asimov
Gaeilge: Isaac Asimov
hrvatski: Isaac Asimov
Kreyòl ayisyen: Isaac Asimov
magyar: Isaac Asimov
հայերեն: Այզեկ Ազիմով
interlingua: Isaac Asimov
Bahasa Indonesia: Isaac Asimov
Ilokano: Isaac Asimov
íslenska: Isaac Asimov
italiano: Isaac Asimov
қазақша: Айзек Азимов
kurdî: Isaac Asimov
Кыргызча: Айзек Азимов
Latina: Isaac Asimov
Ladino: Isaac Asimov
lietuvių: Isaac Asimov
latviešu: Aizeks Azimovs
Basa Banyumasan: Isaac Asimov
Malagasy: Isaac Asimov
македонски: Исак Асимов
Bahasa Melayu: Isaac Asimov
Mirandés: Isaac Asimov
Nāhuatl: Isaac Asimov
Nederlands: Isaac Asimov
norsk nynorsk: Isaac Asimov
occitan: Isaac Asimov
polski: Isaac Asimov
Piemontèis: Isaac Asimov
português: Isaac Asimov
Runa Simi: Isaac Asimov
română: Isaac Asimov
armãneashti: Isaac Asimov
русский: Азимов, Айзек
srpskohrvatski / српскохрватски: Isaac Asimov
Simple English: Isaac Asimov
slovenčina: Isaac Asimov
slovenščina: Isaac Asimov
српски / srpski: Ајзак Асимов
svenska: Isaac Asimov
ślůnski: Isaac Asimov
Tagalog: Isaac Asimov
Türkçe: Isaac Asimov
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئىسساك ئاسىموۋ
українська: Айзек Азімов
oʻzbekcha/ўзбекча: Ayzek Azimov
vèneto: Isaac Asimov
Tiếng Việt: Isaac Asimov
Winaray: Isaac Asimov
მარგალური: აიზეკ აზიმოვი
Yorùbá: Isaac Asimov
Bân-lâm-gú: Isaac Asimov
粵語: 阿西莫夫