Intoxicación ciguatoxínica

Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Denomínase intoxicación ciguatoxínica un tipo de intoxicación alimentaria provocada por consumo de determinados peixes que acumulan nos seus órganos a toxina ciguatoxina. Adoita presentarse por consumo de peixes tropicais (especialmente entre os 35º Norte ata os 35º Sur, e resulta máis frecuente nas illas do Pacífico sur e mar Caribe.

Trátase dunha intoxicación de ámbito mundial [1], cuns 50.000 casos anuais estimados, aínda que se considera que está insuficientemente diagnosticada. Dáse principalmente en países como Australia, Estados Unidos (como Florida ou Hawai) e no Caribe e Pacífico sur ( Cuba, República Dominicana ou Porto Rico. Os casos europeos están relacionados con viaxes a países caribeños ou consumo de peixes exóticos. Non se coñocen casos autóctonos en España e só existe o precedente dun abrocho en Fuerteventura, no ano 2005.

A enfermidade coñécese desde 1606 no Pacífico Sur. O primeiro relato detallado do cadro clínico foi en 1774 en Nova Caledonia, grazas ó navegante inglés James Cook.

Especies afectadas

Os peixes que poden provocar esta intoxicación pertencen a diferentes especies mariñas, todas de augas quentes e tropicais. Coñécense ata 400 especies implicadas en casos de intoxicación, entre as que se citan o mero, prago, xurelo, morea, barracuda etc.

Son sempre especies grandes, depredadoras, que acumulan no seu organismo a toxina producida nas especies pequenas, de hábitos herbívoros, que se alimentan de algas e dinoflaxelados tóxicos (como o Gambierdiscus toxicus), habitantes habituais nos arrecifes de coral. Grazas a esta bioacumulación da toxina, son os peixes máis lonxevos e de maior tamaño os máis tóxicos.

A toxina concéntrase no fígado, cerebro e gónadas dos peixes, pero tamén está presente na masa muscular.

Other Languages
Afrikaans: Ciguatera
català: Ciguatera
Deutsch: Ciguatera
English: Ciguatera
español: Ciguatera
français: Ciguatera
עברית: סיגואטרה
italiano: Ciguatera
日本語: シガテラ
Nederlands: Ciguatera
norsk: Ciguatera
polski: Ciguatera
português: Ciguatera
română: Ciguatera
русский: Сигуатера
svenska: Ciguatera