Internet Movie Database

Logo de IMDb.

A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: A Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.

Descrición

IMDb contén unha exhaustiva lista de películas e programas de televisión de todo o mundo, incluíndo resumos, imaxes, cuestionarios, erros, curiosidades e datos comerciais. Tamén recolle novas, aínda que estas case exclusivamente relacionadas co ámbito estadounidense.

Os foros de IMDb son comentarios do público e preguntas sobre películas, os seus gustos ou desagrados. Por políticas explícitas de contido os moderadores eliminan as mensaxes que se consideran ofensivos. Desde abril de 2005, o uso do foro está restrinxido ós socios de IMDb.

Aproximadamente o día 20 de febreiro de 2007 cámbiase o deseño de portadas para as películas.

IMDb ten unha páxina irmá chamada IMDb Pro, unha base de datos máis complexa que a básica que necesita unha subscrición de pago. IMDb Pro diferénciase en que dispón de miles de contactos de persoas e empresas ligadas á industria cinematográfica norteamericana, así como información de cásting. A diferenza do IMDb tradicional en IMDb Pro as películas de fala non-inglesa aparecen cos seus respectivos títulos traducidos.

Calquera usuario rexistrado pode subministrar información á páxina, aínda que esta non se fai visible de xeito inmediato, senón que é revisada e pasa un tempo ata que aparece na web. Tamén se ofrece a posibilidade de puntuar as películas, programas etc.

Other Languages
azərbaycanca: IMDb
беларуская: Internet Movie Database
беларуская (тарашкевіца)‎: IMDb
български: Internet Movie Database
भोजपुरी: आइएमडीबी
brezhoneg: IMDb
нохчийн: Internet Movie Database
Чӑвашла: Internet Movie Database
Ελληνικά: Internet Movie Database
English: IMDb
Gaeilge: IMDb
Gàidhlig: IMDb
עברית: IMDb
Fiji Hindi: IMDb
հայերեն: Internet Movie Database
Bahasa Indonesia: Internet Movie Database
қазақша: Internet Movie Database
kurdî: IMDb
Кыргызча: Internet Movie Database
Lëtzebuergesch: Internet Movie Database
မြန်မာဘာသာ: Internet Movie Database
Plattdüütsch: Internet Movie Database
polski: IMDb
português: IMDb
русский: Internet Movie Database
саха тыла: Internet Movie Database
Scots: IMDb
srpskohrvatski / српскохрватски: Internet Movie Database
Simple English: Internet Movie Database
српски / srpski: IMDb
Türkçe: IMDb
татарча/tatarça: Internet Movie Database
українська: Internet Movie Database
oʻzbekcha/ўзбекча: Internet Movie Database
Tiếng Việt: Internet Movie Database
ייִדיש: IMDb