Intel Corporation

Intel Corporation
Intel-logo.svg
Intelheadquarters.jpg
Sede en Santa Clara, California.
TipoPrivada
Fundación18 de xullo de 1968 (50 anos)
LocalizaciónSanta Clara, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorGordon Moore, Robert Noyce, Andrew Grove
Persoas clavePaul Otellini
Craig Barrett
IndustriaSemicondutores
ProdutosMicroprocesadores
Memorias
Beneficio62 760 millóns www.intel.com

Intel Corporation é unha empresa multinacional fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, que fabrica microprocesadores, circuítos integrados especializados tales coma circuítos integrados auxiliares para placas base de ordenador e outros dispositivos electrónicos.

Historia

Intel foi fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, quen inicialmente quixeron chamar á empresa Moore Noyce, pero soaba mal, polo que elixiron como nomee as siglas de Integrated Electronics, en español Electrónica Integrada. Este nome estaba rexistrado por unha cadea hoteleira, polo que tiveron que mercar os dereitos para poder empregalo.

A compañía comezou fabricando memorias antes de dar o salto aos microprocesadores. O primeiro microprocesador de Intel, o Intel 4004, foi creado en 1971 para facilitar o deseño dunha calculadora. En lugar de ter que deseñar varios circuítos integrados para cada parte da calculadora, deseñaron un que segundo un programa almacenado na memoria podía facer unhas accións ou outras, é dicir, un microprocesador. Hoxe en día discútese se o primeiro microprocesador da historia da informática foi creado por Intel ou por Texas Instruments.

Durante os anos 90, Intel foi responsable de moitas das innovacións do hardware dos ordenadores persoais, incluíndo os buses PCI, AGP e USB, ademais do novo PCI-Express. Con todo, non hai que esquecer moitos outros lanzamentos, intentos de estandarización errados, que a empresa ten ás súas costas (véxase RDRAM, ou o Slot 1 dos seus Pentium III).

Intel domina o mercado dos microprocesadores. Actualmente, o principal competidor de Intel no mercado é Advanced Micro Devices (AMD), empresa coa que Intel tivo acordos de compartición de tecnoloxía: cada socio podía utilizar as innovacións tecnolóxicas patentadas da outra parte sen ningún custo.

Dentro dos microprocesadores de Intel podemos destacar as tecnoloxías multinúcleo implementadas nos procesadores Pentium D e Core 2 Duo, a tecnoloxía móbil Centrino desenvolvida para o mercado de ordenadores portátiles e a tecnoloxía HyperThreading integrada nos procesadores Intel Pentium 4.

O 6 de xuño de 2005 Intel chegou a un acordo con Apple Computer, polo que Intel proverá procesadores para os ordenadores Apple, realizándose entre 2006 e 2007 a transición desde os tradicionais IBM. Finalmente en xaneiro de 2006 presentáronse ao mercado as primeiras computadoras de Apple, unha portátil e outra de escritorio, con procesadores Pentium Dual Core de dobre núcleo.


Other Languages
Afrikaans: Intel
Alemannisch: Intel
العربية: إنتل
azərbaycanca: Intel
تۆرکجه: اینتل
башҡортса: Intel
беларуская: Intel
български: Интел
bosanski: Intel
català: Intel
کوردی: ئینتێل
čeština: Intel
dansk: Intel
Deutsch: Intel
Ελληνικά: Intel Corporation
English: Intel
Esperanto: Intel
eesti: Intel
euskara: Intel
فارسی: اینتل
suomi: Intel
français: Intel
Gaeilge: Intel
客家語/Hak-kâ-ngî: Intel
עברית: אינטל
हिन्दी: इंटेल
hrvatski: Intel
magyar: Intel
հայերեն: Ինթել
Bahasa Indonesia: Intel Corporation
italiano: Intel
日本語: インテル
ქართული: Intel
Qaraqalpaqsha: Intel
Gĩkũyũ: Intel
қазақша: Intel
한국어: 인텔
Кыргызча: Intel
lietuvių: Intel
latviešu: Intel
македонски: Интел
монгол: Intel
Bahasa Melayu: Intel Corporation
Nederlands: Intel
norsk: Intel
occitan: Intel
ଓଡ଼ିଆ: ଇଣ୍ଟେଲ୍‌
polski: Intel
پنجابی: انٹل
Ποντιακά: Intel
português: Intel
română: Intel
русский: Intel
Scots: Intel
srpskohrvatski / српскохрватски: Intel
සිංහල: ඉන්ටෙල්
Simple English: Intel
slovenčina: Intel
slovenščina: Intel
српски / srpski: Интел
Basa Sunda: Intel Corporation
svenska: Intel
தமிழ்: இன்டெல்
Türkçe: Intel
українська: Intel
oʻzbekcha/ўзбекча: Intel
Tiếng Việt: Intel
吴语: 英特尔
მარგალური: Intel
中文: 英特尔
Bân-lâm-gú: Intel
粵語: 英特爾