Inglés antigo

Inglés antigo / Anglosaxón
Ænglisc
Outros nomes:Anglisc, Englisc
Falado en: Inglaterra (excluíndo os extremos sudoccidental e noroccidental) e os límites con Escocia e Gales
Total de falantes:Lingua morta (†)
Familia:Xermánica
 Xermánico occidental
  Ingvaeónica
   Anglo-frisoa
    Ánglica
     Inglés antigo / Anglosaxón
Escrita: Futhorc, posteriormente alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:ang
ISO 639-3: ang

O inglés antigo ou anglosaxón, (Ænglisc na propia lingua) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio. Cos normandos no poder, o inglés antigo perdeu o prestixio que tivo anteriormente, o que provocou que se desmembrara en multitude de dialectos, dialectos coñecidos co nome de inglés medio.

O alfabeto do inglés antigo aínda utilizaba algúns símbolos rúnicos, aínda que a maior parte dos seus caracteres procedían do alfabeto latino. Quedan fragmentos da literatura en anglosaxón, que tiveron gran importancia na reconstrución deste idioma. A obra literaria máis importante en lingua anglosaxoa que chegou aos nosos días é o "Beowulf", poema épico que conta as aventuras dese heroe e que reúne el mesma preto do 10% de toda a literatura anglosaxoa coñecida. Un dos maiores especialistas do século XX neste idioma foi o afamado escritor J.R.R. Tolkien.

Desenvolvemento

Durante os aproximadamente 700 anos comprendidos neste período, dende as migracións anglosaxoas que deron lugar ao nacemento de Inglaterra no século V, ata algún tempo despois da conquista normanda de 1066, cando sufriu unha importante transición, a lingua asimilou algúns aspectos de aqueles cos que entrou en contacto, como as linguas célticas e os dous dialectos do nórdico antigo falados polos viquingos, os cales dominaban grandes extensións de terra no norte e este de Inglaterra, coñecidas como Danelaw.

Other Languages
Ænglisc: Ænglisc spræc
asturianu: Inglés antiguu
беларуская (тарашкевіца)‎: Стараангельская мова
brezhoneg: Hensaozneg
català: Anglès antic
čeština: Staroangličtina
Deutsch: Altenglisch
English: Old English
føroyskt: Fornenskt mál
français: Vieil anglais
Frysk: Aldingelsk
հայերեն: Հին անգլերեն
Bahasa Indonesia: Bahasa Inggris Kuno
íslenska: Fornenska
日本語: 古英語
한국어: 고대 영어
Lingua Franca Nova: Engles antica
Limburgs: Aajdingels
latviešu: Senangļu valoda
Bahasa Melayu: Bahasa Inggeris Kuno
Plattdüütsch: Angelsassische Sprake
Nederlands: Oudengels
norsk nynorsk: Gammalengelsk
occitan: Anglosaxon
português: Inglês antigo
srpskohrvatski / српскохрватски: Staroengleski jezik
Simple English: Old English
slovenčina: Anglosaština
slovenščina: Stara angleščina
svenska: Fornengelska
Türkçe: Eski İngilizce
Tiếng Việt: Tiếng Anh cổ
West-Vlams: Oudiengels
中文: 古英语
Bân-lâm-gú: Kó͘ Eng-gí
粵語: 古英文