Imperio dos Cen Días

Empire Française
Primeiro Imperio Francés
Imperio dos Cen Días

1815
BandeiraEscudo
CapitalParís
LinguaFrancés
GobernoMonarquía Constitucional
Historia
 • Establecido1815
 • Disolución1815
MoedaFranco francés

O período coñecido como os Cen Días (en francés: Cent-Jours), ou Campaña de Waterloo, comprende desde o 20 de marzo de 1815, data do regreso de Napoleón a París desde o seu exilio na illa de Elba, ata o 28 de xuño de 1815, data da Segunda Restauración de Luís XVIII como rei de Francia. Este período pon fin ás chamadas Guerras Napoleónicas, así como ao Imperio Francés de Napoleón Bonaparte.

Esta expresión foi empregada por primeira vez polo prefecto de París, o Conde de Chabrol, no seu discurso de benvida ao rei, e se emprega tamén para referirse á guerra da Sétima Coalición. Este período coñeceu o último dos conflitos do longo período napoleónico, e tanto o Reino Unido como Rusia, Prusia, Suecia, Austria e algúns estados alemáns declararon no Congreso de Viena ao Emperador francés fora da lei e non o recoñeceron como líder da nación francesa, aliándose na súa contra.

O retorno do Emperador

«O Gran Piar do Triunfo», un póster satírico sobre o regreso de Napoleón desde Elba.

Unha vella anécdota serve como exemplo ilustrativo do carisma e a personalidade de Napoleón: O seu exército se enfrontaba ás tropas enviadas polo rei para detelo; os homes de cada bando formaban en liñas e se preparaban para disparar. Antes de iniciarse o ataque, Napoleón camiñou cara ao centro de ambas as dúas forzas, encarando aos homes do rei e abrindo a súa pecheira mentres dicía: «¡Se algún de vós é capaz de disparar ó seu emperador, que o faga agora!» Pouco máis tarde, todos os homes se unían á súa causa. Tamén é coñecida a que refire as pintadas aparecidas en París, que dicían: «Xa teño suficientes homes Luís, non me envíes máis. Asinado Napoleón», que expresaba o sentir na capital desde antes da chegada do Emperador.

Napoleón non se deixou enganar polo entusiasmo que despertaba nas provincias e en París. Sabía que só a ansia de cambio e o desprezo cara o vello rei e os seus cobizosos cortesáns lle conduciran a esta vitoria. Instintivamente sabía que se ía a enfrontar con unha nova Francia que non toleraría o despotismo.

Other Languages
العربية: المئة يوم
asturianu: Cien Díes
беларуская: Сто дзён
български: Стоте дни
brezhoneg: Kant-Devezh
čeština: Sto dnů
English: Hundred Days
Esperanto: Cent-Tagoj
español: Cien Días
euskara: Ehun Egunak
français: Cent-Jours
עברית: מאה הימים
magyar: Száz nap
Հայերեն: Հարյուր օր
Bahasa Indonesia: Seratus Hari
italiano: Cento giorni
日本語: 百日天下
ქართული: ასი დღე
한국어: 백일천하
मराठी: शंभर दिवस
Bahasa Melayu: Seratus Hari
Napulitano: Ciento juorne
русский: Сто дней
srpskohrvatski / српскохрватски: Sto dana
Simple English: Hundred Days
slovenčina: Sto dní
Türkçe: Yüz Gün
українська: Сто днів
中文: 百日王朝
粵語: 百日皇朝