Imperio austrohúngaro

Osztrák-Magyar Monarchia
Österreichisch-Ungarische Monarchie
Monarquía austrohúngara

1867–1918
BandeiraEscudo
Himno: Gott erhalte Franz den Kaiser
CapitalViena (principal) e
Budapest
LinguaAlemán, húngaro (outras 12)
GobernoMonarquía constitucional
Emperador
 • 1867–1916Francisco Xosé I
 • 1916–1918Carlos I
Historia
 • Compromiso de 189730 de marzo de 1867
 • Ind. Checoslovaca28 de outubro de 1918
 • Ind. eslavos do sur29 de outubro de 1918
 • Disolución31 de outubro de 1918
Superficie
 • 1914676.615 km²
Poboación
 • 1914 est.52.800.000 
     Densidade78/km²
MoedaFlorín
Coroa
Precedido por
Sucedido por
Flag of the Habsburg Monarchy.svgImperio austríaco
Austria alemáFlag of Austria.svg
R.D. de HungríaCivil Ensign of Hungary.svg
ChecoslovaquiaFlag of the Czech Republic.svg
ZUNRFlag of the Ukranian State.svg
República de PoloniaFlag of Poland.svg
Estado dos Eslovenos, Croatas e SerbiosFlag of the State of Slovenes, Croats and Serbs.svg
Reino de Italia (1861-1946)Flag of Italy (1861-1946) crowned.svg
Imperio Austro-Húngaro
Nomes longos oficiais
(e tradución ao galego)
gl: Os reinos e terras representadas no Consello Imperial e as terras da Coroa Húngara de Santo Estevo
de: Die im Reichsrat vertretenen Königreiche und Länder und die Länder der heiligen ungarischen Stephanskrone
hu: A birodalmi tanácsban képviselt királyságok és országok és a magyar Szent Korona országai

O Imperio austrohúngaro[1][2], austro-húngaro[3] ou Austria-Hungría[4] (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Historia

Escudo do Imperio en 1867

O Imperio austrohúngaro ten a súa orixe en 1867 co Compromiso austrohúngaro. En 1879 tivo lugar a alianza de Austria-Hungría co Imperio alemán, e en 1882 Italia uniuse á Tripla Alianza.

En 1892 entrou en circulación a coroa de ouro. En 1907 entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos, e nese ano tiveron lugar as primeiras eleccións en Austria e renovouse o compromiso entre Austria e Hungría. En 1908 levouse a cabo a anexión de Bosnia e Hercegovina. En 1912 Serbia e Bulgaria formaron unha alianza contra o Imperio austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek foron asasinados en Saraxevo por un terrorista serbobosnio. A declaración de guerra de Austria-Hungría a Serbia provoca declaracións de guerra en cadea, dando inicio á primeira guerra mundial. En 1915 o Imperio austrohúngaro declarouse disposto a ceder a rexión de Trieste. Asínase o Tratado de Londres, segredo entre Reino Unido, Francia, Rusia e Italia: Italia cambia de bando obtendo Trieste como incentivo.

O 21 de novembro de 1916, en plena guerra, finou o emperador Francisco Xose I logo de 68 anos de reinado. O novo emperador, Carlos I, procurou en 1917 conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.

En 1918 Carlos enviou a Guillerme II de Alemaña un telegrama anunciándolle o fin da alianza. O 28 de outubro dese ano proclamouse a república de Checoslovaquia, e o 31 dese mes tivo lugar a secesión de Hungría. O 3 de novembro levouse a cano o armisticio entre o Imperio austrohúngaro e os aliados. O 7 de novembro proclamouse a república de Polonia (que se adxudicou a rexión austríaca de Galitzia), e o 16 de novembro proclamouse a república de Hungría. O 1 de decembro as rexións do sur do Imperio uníronse a Serbia e Montenegro, formando o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. O 24 de decembro tivo lugar a unificación de Transilvania e Romanía.

O Imperio austrohúngaro desapareceu por completo en 1919 tralos tratados de Saint-Germain e Trianon.

Other Languages
Alemannisch: Österreich-Ungarn
azərbaycanca: Avstriya-Macarıstan
башҡортса: Австро-Венгрия
беларуская: Аўстра-Венгрыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Аўстра-Вугоршчына
български: Австро-Унгария
brezhoneg: Aostria-Hungaria
bosanski: Austro-Ugarska
čeština: Rakousko-Uhersko
dolnoserbski: Awstrisko-Hungorska
français: Autriche-Hongrie
Nordfriisk: Uasterrik-Ungarn
Gàidhlig: Ostair-Ungaire
hrvatski: Austro-Ugarska
hornjoserbsce: Rakusko-Wuherska
interlingua: Austria-Hungaria
Bahasa Indonesia: Austria-Hongaria
Basa Jawa: Austria-Hongaria
Lëtzebuergesch: Éisträich-Ungarn
Lingua Franca Nova: Impero de Osteraic e Magiar
latviešu: Austroungārija
македонски: Австро-Унгарија
Bahasa Melayu: Austria-Hungary
مازِرونی: اتریش-مجارستون
Plattdüütsch: Öösterriek-Ungarn
norsk nynorsk: Austerrike-Ungarn
Nouormand: Autriche-Hongrie
português: Áustria-Hungria
română: Austro-Ungaria
русиньскый: Австро-Угорьско
srpskohrvatski / српскохрватски: Austro-Ugarska
Simple English: Austria-Hungary
slovenčina: Rakúsko-Uhorsko
slovenščina: Avstro-Ogrska
српски / srpski: Аустроугарска
Seeltersk: Aastriek-Ungarn
Kiswahili: Austria-Hungaria
українська: Австро-Угорщина
oʻzbekcha/ўзбекча: Avstriya-Vengriya imperiyasi
Tiếng Việt: Đế quốc Áo-Hung
吴语: 奥匈帝国
中文: 奥匈帝国
文言: 奧匈帝國
粵語: 奧匈帝國