Imperio Selxúcida

Imperio Selxúcida
Selçuklu İmparatorluğu
حکومت سلجوقیان
Grande Imperio Selxúcida

1037–1194

Escudo

Territorios do Imperio no seu cénit (1092), no reinado de Malik Shah I
CapitalNishapur, Rayy, Isfahan
LinguaTurco Oghuz, árabe e persa
RelixiónMusulmá - sunnita
GobernoSultanato
Historia
 • Establecido1037
 • Disolución1194
Precedido por
Sucedido por
Ghaznavid Empire 975 - 1187 (AD).PNGImperio Gaznavida
Imperio dos Shāh de Khwārazm (xorezmitas)Khwarezmian Empire 1190 1220.png
Sultanato do RûmSeljuk Sultanate of Rum 1190 Locator Map.svg
''Atabeys'' (''atebegs'') de AzerbaijanBlank.png
Dinastía BuridBlank.png
Dinastía ZengidZengid Dynasty 1127 - 1250 (AD).PNG
DanismendidasZengid Dynasty 1127 - 1250 (AD).PNG
Dinastía Artuqid (Ortúkides)Blank.png
SaltukluBlank.png

O Grande Imperio Selxúcida (en turco Selçuklular ou Büyük Selçuklu İmparatorluğu; en árabe حکومت سلجوقیان) foi un reino medieval musulmán sunnita, rexido por xentes de orixe turca con bastante influencia persa[1][2][3][4][5] Foi establecido polos Qynyq, unha facción dos turcos Oghuz[6], que chegou a controlar un vasto territorio delimitado polas montañas do Hindu Kush, Anatolia, Asia Central e o Golfo Pérsico. Orixinarios das terras do mar de Aral, os selxúcidas avanzaron primeiro sobre o Gran Khorasan e deseguido sobre Persia e Iraq, chegando a Asia Menor no século IX. Causaron estragos nas provincias bizantinas e árabes en Oriente Medio, acabando co califato abbásida e debilitando considerablemente ao Imperio Bizantino.

Os turcos selxúcidas son considerados coma antepasados directos dos turcos sudoccidentais, que actualmente ocupan Turquía, Acerbaixán e o Turcomenistán. Desempeñaron un papel principal na historia medieval ao crear unha barreira fronte aos invasores mongois e ao defender ao mundo musulmán fronte aos cruzados. Ademais a súa entrada en Anatolia despois de Manzikert supuxo un duro golpe para o Imperio Bizantino, marcando o seu destino.[7]

O Imperio Selxúcida foi fundado polo bey Toğrül (ou Tugrul) no 1037 seguindo os pasos do fundador da dinastía selxúcida: Seljuk (Seljuque ou Seljuq), de quen toman o nome o reino e a dinastía.

Estado selxúcida

A administración selxúcida baseábase na organización tribal propia duns conquistadores nómades, e asemellábase a unha "confederación de clans"[8] Nesta organización o líder da principal familia asignaba aos seus achegados porcións dos seus dominios, para que estes os administrasen autonomamente, aínda que mantendo unha vasalaxe nun réxime similar ao de infantado.[8].

Sendo un “estado” cunha grande influencia persa[1][2][4][9] no cultural [10][11][12] e no idioma[1][13][14][15][16], os selxúcidas xogaron un importante papel no desenvolvemento do que se chamaría tradición turco-persa[17].

Other Languages
Afrikaans: Seldjoekse Ryk
مصرى: سلاجقه
English: Seljuk Empire
Esperanto: Selĝuka Imperio
Bahasa Indonesia: Kesultanan Seljuk Raya
íslenska: Seljúkveldið
한국어: 셀주크 제국
македонски: Селџучко Царство
Bahasa Melayu: Empayar Saljuk
नेपाल भाषा: सल्जक साम्राज्य
Nederlands: Seltsjoekenrijk
norsk nynorsk: Seldsjukkarriket
srpskohrvatski / српскохрватски: Seldžučka Monarhija
Simple English: Seljuk Empire
српски / srpski: Селџучко царство
татарча/tatarça: Böyek Sälcük Däwläte
oʻzbekcha/ўзбекча: Saljuqiylar davlati
Tiếng Việt: Đế quốc Seljuk
Bân-lâm-gú: Seljuk Tè-kok