Imperio Bizantino

Βασιλεία Ῥωμαίων
Vasilía Roméon
Imperium Romanum
Imperio Romano

330–1453
BandeiraEscudo
Territorios do Imperio Bizantino cara ao 550
CapitalConstantinopla
LinguaGrego como idioma dominante
RelixiónCristianismo ortodoxo
GobernoMonarquía
Historia
 • Establecido330
 • Disolución1453
Poboación
 • S.IV est.34 000 000 
 • S.VIII est.7 000 000 
 • S.XI est.12 000 000 
 • S.XII est.10 000 000 
 • S.XIII est.9 000 000 

Βασιλεία Ῥωμαίων
Imperio Romano (Bizantino)

Byzantine eagle.JPG
(Emblema da )

Lema: Βασιλεὺς Βασιλέων
Βασιλεύων Βασιλευόντων

(Grego: Rei de reis que reina sobre os reinantes)

Cronoloxía
-667Fúndase a Antiga cidade de Bizancio (futura Constantinopla).
330Constantino fai de Constantinopla a capital.
395División permanente do Imperio Romano trala morte de Teodosio I.
527
Xustiniano I ascende a emperador.
532-537
Xustiniano I constrúe a Igrexa da Divina Sabedoría.
533-554
Os xenerais de Xustiniano I reconquistan África do Norte e Italia dos vándalos e ostrogodos.
568Os longobardos invaden Italia.
634-641Perda de Exipto, Siria e Palestina fronte aos árabes. Nas décadas seguintes toman a maior parte do Norte de África e despois conquistan Sicilia.
730-787
813-843
Controversias iconoclastas resultan na perda da maioría dos territorios italianos do Imperio xunto con algúns territorios no sur.
1054A Igrexa de Constantinopla sepárase da Igrexa de Roma.
1071Batalla de Manzikert. A maior parte de Asia Menor pérdese. Os normandos conquistan os últimos enclaves bizantinos en Italia.
1204Toma de Constantinopla polos Cruzados. Créase o Imperio Latino.
1261, emperador bizantino do Imperio de Nicea, libera Constantinopla.
1453Constantinopla é conquistada polos turcos otománs

O Imperio Bizantino (chamado tamén, Imperio Romano de Oriente) foi un imperio cristián medieval de cultura grega cuxa capital estaba en Constantinopla ou Bizancio (actual Istambul). Abarcaba todo o Mediterráneo oriental, pero co tempo foi sufrindo importantes reducións territoriais.

Non hai un consenso xeral en canto á data de inicio do Imperio Bizantino. Para algúns autores a data clave é a fundación de Constantinopla no ano 330, en tanto que outros estudosos consideran como acta de nacemento do Imperio Bizantino a morte de Teodosio I, en 395, cando o Imperio Romano foi definitivamente dividido en dúas metades, oriental e occidental. Outros pensan que pode falarse con propiedade de Imperio Bizantino a partir do momento en que foi deposto o último emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo (476).

A desaparición do Imperio Romano de Oriente produciuse coa caída de Constantinopla en poder dos turcos otománs en 1453. Con todo, a desaparición do estado bizantino non acabou cos sentimentos nacionalistas do pobo, xa que os actuais habitantes de Grecia considéranse herdeiros da tradición bizantina.

O termo "Imperio Bizantino"

"Imperio Bizantino" é un termo moderno que lles resultaría estraño aos seus contemporáneos. O nome orixinal do Imperio en grego era Romania (Ρωμανία) ou Basileía Romaíon (Βασιλεία Ρωμαίων), tradución directa do nome en latín do Imperio Romano, Imperium Romanorum.

A expresión "Imperio Bizantino" (de Bizancio, antigo nome de Constantinopla) é unha creación do historiador alemán Hieronymus Wolf, quen en 1557 - un século despois da caída de Constantinopla - o utilizou na súa obra Corpus Historiae Byzantinae para designar este período da historia en contraposición coas culturas grega e romana da Antigüidade clásica. O termo non se fixo de uso frecuente ata o século XVII, cando foi popularizado por autores franceses, como Montesquieu.

O éxito do termo pode gardar certa relación co histórico rexeitamento de occidente a ver no Imperio Bizantino ao herdeiro lexítimo de Roma, polo menos desde que, no século IX, Carlomagno e os seus sucesores esgrimiron o documento apócrifo coñecido como "Doazón de Constantino" para se proclamaren, coa conivencia do Papado, emperadores romanos. Desde esta época, o título Imperator Romanorum (emperador dos romanos) quedou reservado aos soberanos do Sacro Imperio Romano Xermánico, mentres que o emperador de Constantinopla era chamado Imperator Graecorum (emperador dos gregos), e os seus dominios, Imperium Graecorum, Graecia, Terra Graecorum ou mesmo Imperium Constantinopolitanus.

A palabra "bizantino" adquiriu despois un sentido pexorativo, como sinónimo de "decadente", debido á obra de historiadores como Edward Gibbon, William Lecky ou o propio Arnold J. Toynbee, quen, comparando a civilización bizantina coa Antigüidade clásica, viron a historia do Imperio Bizantino como un prolongado período de decadencia. Influíu seguramente tamén nesta apreciación o punto de vista dos cruzados dos reinos de Europa occidental que visitaron o imperio desde finais do século XI.

En galego utilízase a expresión «discusión bizantina» para referir a unha disputa sobre cuestións carentes de verdadeira importancia, seguramente baseada nas interminábeis controversias teolóxicas sostidas polos intelectuais bizantinos.

Other Languages
Afrikaans: Bisantynse Ryk
azərbaycanca: Bizans İmperiyası
žemaitėška: Bizantėjė
беларуская: Візантыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Бізантыйская імпэрыя
qırımtatarca: Bizans İmperiyası
Чӑвашла: Висанти
Esperanto: Bizanca imperio
eesti: Bütsants
Võro: Bütsants
français: Empire byzantin
Nordfriisk: Uaströömsk Rik
客家語/Hak-kâ-ngî: Tûng Lò-mâ Ti-koet
Fiji Hindi: Byzantine Samrajya
hrvatski: Bizant
արեւմտահայերէն: Բիւզանդական Կայսրութիւն
interlingua: Imperio Byzantin
Bahasa Indonesia: Kekaisaran Romawi Timur
Lingua Franca Nova: Impero Bizantian
Limburgs: Byzantijns Riek
lumbaart: Imper Bizantin
لۊری شومالی: بیزانس
lietuvių: Bizantija
македонски: Византија
Bahasa Melayu: Empayar Byzantine
Malti: Biżantini
مازِرونی: بیزانس
Napulitano: Impero Bizantino
Plattdüütsch: Byzantiensch Riek
Nedersaksies: Byzantiense Riek
Nederlands: Byzantijnse Rijk
norsk nynorsk: Austromarriket
Ποντιακά: Ρωμανίαν
português: Império Bizantino
rumantsch: Imperi bizantin
tarandíne: 'Mbere Bizzandine
русский: Византия
русиньскый: Візантьска ріша
srpskohrvatski / српскохрватски: Bizantsko Carstvo
Simple English: Byzantine Empire
slovenčina: Byzantská ríša
slovenščina: Bizantinsko cesarstvo
српски / srpski: Византија
тоҷикӣ: Византия
татарча/tatarça: Византия империясе
oʻzbekcha/ўзбекча: Vizantiya imperiyasi
West-Vlams: Byzantyns Ryk
Bân-lâm-gú: Tang Lô-má Tè-kok