Imina

Estrutura xeral dunha imina.

Unha imina é un grupo funcional ou composto químico que contén un dobre enlace carbononitróxeno, no que o nitróxeno está á súa vez unido ou ben a un átomo de hidróxeno (H) ou a un grupo orgánico. Cando dito nitróxeno non está unido a un H o composto denomínase base de Schiff. [1] O carbono ten ademais outros dous enlaces simples. [2] [3] [4] As iminas son moi comúns na natureza. A vitamina B6 promove a desaminación dos aminoácidos por medio da formación de iminas, por exemplo.

Nomenclatura e clasificación

As iminas están relacionadas coas cetonas e aldehidos, nos cales se produce un reemprazamento do osíxeno cun grupo NR. Cando R = H, o composto é unha imina primaria, cando R é un hidrocarbil (grupo hidrocarbonado), o composto é unha imina secundaria. [4] Cando R3 é un OH, a imina denomínase oxima, e cando R3 é NH2 a imina denomínase hidrazona.

Aldiminas e cetiminas

Unha imina primaria na que C está unido á vez a un grupo hidrocarbonado e a un H denomínase aldimina primaria; unha imina secundaria que conteña ditos grupos denomínase aldimina secundaria. [5]

Unha imina primaria na que o C está unido a dous grupos hidrocarbonados denomínase cetimina primaria; unha imina secundaria que conteña ditos grupos denomínase cetimina secundaria. [6]

Other Languages
العربية: إيمين
català: Imina
čeština: Iminy
dansk: Imin
Deutsch: Imine
Ελληνικά: Ιμίνες
English: Imine
español: Imina
فارسی: ایمین
suomi: Imiinit
français: Imine
עברית: אימין
hrvatski: Imini
magyar: Imin
Bahasa Indonesia: Imina
italiano: Immine
日本語: イミン
қазақша: Иминдер
македонски: Имин
Nederlands: Imine
polski: Iminy
português: Imina
română: Imină
русский: Имины
srpskohrvatski / српскохрватски: Imin
српски / srpski: Imin
svenska: Imin
українська: Іміни
中文: 亚胺