Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur

Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
South Georgia and the South Sandwich Islands
Bandeira das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
Escudo das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur
BandeiraEscudo
LocationSouthGeorgiaAndSouthSandwichIslands.png
Lema: Leo Terram Propriam Protegat
(Galego: «O león defende o seu territorio»)
Himno: God Save the Queen
Capital
 • Poboación
King Edward Point
2 (permanentes) (2005)
Cidade máis poboadaKing Edward Point
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoTerritorio de Ultramar
Xefe de Estado
Comisionado
S.M. Isabel II
Colin Roberts
Dependencia do Reino Unido17 de xaneiro de 1775
SuperficiePosto 176º
 • Total3.903 km²
Fronteiras0 km
 • Total (2003 est.)30 (estimados) hab.
 • Densidaden/d
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaLibra malvinense (FL£)
IDHn/d
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránUTC-3
Dominio de Internet.gs
Prefixo telefónicon/d
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO239 / SGS / GS
Membro de: Reino Unido

As illas Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur[Cómpre referencia] (South Georgia and the South Sandwich Islands ou SGSSI, en inglés) constitúen un territorio en disputa (actualmente baixo administración británica, pero activamente reclamado pola Arxentina), situado no Océano Atlántico Sur. Foi creado en 1985; previamente foi gobernado como xurisdición dependente das illas Malvinas. Consiste nas illas Xeorxia do Sur (de maior superficie) e un grupo de pequenas insuas coñecidas como Sandwich do Sur. Non existe poboación nativa e os únicos habitantes son os científicos do British Antarctic Survey que manteñen unha base en King Edward Point, a capital e outra base na illa Bird na que residen 4 biólogos. O curador do museo de Grytviken e a súa esposa son os únicos habitantes permanentes da rexión, xunto co maxistrado británico e a súa familia.

A soberanía das illas é formalmente disputada pola Arxentina desde 1927 (Xeorxias do Sur) e 1938 (Sandwich do Sur). Estes arquipélagos foron parte do teatro bélico da Guerra das Malvinas. Para a Arxentina, forman parte do Departamento Illas do Atlántico Sur dentro da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.

Historia

Xeorxias do Sur

James Cook

A illa Xeorxia do Sur (ou San Pedro) foi avistada por primeira vez en 1675 por Anthony de la Roché, a quen versións diferentes atribúen nacionalidade británica ou española (actuando ás ordes da coroa británica baixo o nome de Antoine de la Roché, Antonio de la Roché ou Antonio de la Roca). A illa apareceu como "illa Roché" en vellos mapas. Foi redescuberta en 1775 polo capitán James Cook, quen despois rexeitou a súa procura como "non valorado o descubrimento", deulle o nome de "a Illa de Xeorxia" en honra ao rei Xurxo III de Inglaterra. O capitán Cook desembarcou na illa e anexouna para Gran Bretaña o 17 de xaneiro de 1775.

Durante o século XIX foi unha base de caza de focas e no século seguinte, unha base de caza de baleas ata mediados do mesmo. A primeira estación baleeira en terra, Grytviken, foi establecida en 1904 e estivo en operación ata 1965. As sete estacións baleeiras, todas na costa norte cos seus portos protexidos, empezando polo oeste foron:

  • Prince Olav Harbour (desde 1911 como un barco factoría, e como estación en terra desde 1916 a 1934)
  • Leith Harbour (1909 a 1965)
  • Stromness (desde 1907 como barco factoría, estación en terra de 1912 a 1931, reparacón de vergas en 1960 a 1961)
  • Husvik (desde 1907 como barco factoría, estación en terra en 1960, fóra de operacións de 1930 a 1945)
  • Grytviken (1904 a 1965)
  • Godthul (1908 a 1929, só como unha rudimentaria base en terra, as operacións principais nun barco factoría)
  • Ocean Harbour (1909 a 1920)
Igrexa en Grytviken

O 19 de marzo de 1982 unha operación táctica arxentina ocupou as Xeorxias do Sur nunha estación baleeira abandonada en Leith Harbour. O comandante da gornición arxentina, Alfredo Astiz, restaurou o nome español orixinal da illa: San Pedro e proclamou a autoridade arxentina o 3 de abril. A illa foi recapturada polas forzas británicas o 25 de abril ( Operación Paraquat) como parte das accións británicas durante a Guerra das Malvinas.

A estación de investigación en King Edward Point, preto da antiga estación baleeira de Grytviken, orixinalmente establecida entre 1949 e 1950 polo British Antarctic Survey, converteuse nunha pequena gornición militar logo da Guerra das Malvinas. Volveu a mans civís no 2001.

Illas Sandwich do Sur

Mapa de Xeorxias do Sur (James Cook, 1777)

As illas foron inicialmente chamadas Sandwich "do Sur", para distinguilas das "Illas Sandwich", agora coñecidas como Hawaii. As oito illas meridionais foron descubertas por James Cook en 1775. As tres setentrionais por Fabian Gottlieb von Bellingshausen en 1819. Foron nomeados polo Cuarto Conde de Sandwich, Primeiro Lord do Almirantado Británico.

O Reino Unido unilateralmente declarou a súa soberanía sobre as Sandwich do Sur en 1908, agrupándoas xunto con outros territorios británicos no Atlántico sur baixo a Dependencia das illas Malvinas. Arxentina tamén reclamou as illas en 1938 en disputa co Reino Unido.

Do 25 de xaneiro de 1955 ata o verán de 1956, Arxentina mantivo a estación de verán Tenente Esquivel na Baía Ferguson na costa sueste de Illa Thule. Desde 1976 a 1982 mantivo a base de investigación científica Corveta Uruguai, en Porto Faraday, na costa sueste da mesma illa. A pesar de que os británicos descubriron a presenza da base arxentina e protestaron formalmente en xaneiro de 1977, a remoción da base non se fixo efectiva senón ata logo da Guerra de Malvinas, 20 de xuño de 1982.

Other Languages
srpskohrvatski / српскохрватски: Južna Georgija i arhipelag Južni Sandwich