Illa de Margarita

Illa Margarita
Paraguachoa
PlayaElAgua (Margarita-VEN).jpgVista de la Isla de Margarita - Venezuela.JPG
Turismo en Pampatar 4.jpgCastillo de San Carlos de Borromeo (Pampatar, Isla de Margarita).JPG
Panoramic view of El Morro, Isla Margarita.jpg
Wyndham Isla Margarita Concorde hotel.jpgIGLESIA DE LA VIRGEN DEL VALLE EN MARGARITA ESTADO NUEVA ESPARTA VENEZUELA.JPG
Fotos da illa
Nueva Esparta Mapa Vial.svg
Mapa da illa
Situación
PaísFlag of Venezuela.svg Venezuela
EstadoNueva Esparta
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas11°00′N 64°10′O / 11°00′N 64°10′O / -64.167
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie1.072 km²
Longura máxima69´4 km.
Largura máxima33´2 km.
Punto máis alto960 m. San Juan (Cerro Grande)
Demografía
CapitalLa Asunción
Poboación676.454 habitantes.
XentilicioMargariteña-o
Lingua propiaEspañol
Caribbean - Isla Margarita.PNG

A Illa de Margarita, ou simplemente Margarita, está situada no Mar Caribe. Xunto ás illas de Illa de San Pedro de Coche e Cubagua, constitúe o único estado insular do Venezuela, denominado "Nueva Esparta". A illa foi parte importante da historia da independencia de Venezuela. Logo diso, Margarita centrouse no turismo, que se desenvolveu coa axuda dos turistas estranxeiros e os habitantes da illa. A súa localización é no Caribe sur-este, nor-oriente venezolano, ao norte da península de Araya do estado Sucre. O clima é tropical e isto, xunto ás súas exóticas praias e montañas, fixo que se lle coñeza como A Perla do Caribe,[1] como a alcuman moitos turistas venezolanos e estranxeiros.

Historia

Artigo principal: Provincia de Margarita.
Mapa español da illa Margarita. Nicolás de Cardona, 1632.
Terceira viaxe de Colón cando chegou a Margarita o 15 de agosto de 1498.

O 15 de agosto de 1498 durante a terceira viaxe, Cristovo Colón chegou a Margarita. Nesa viaxe o Almirante tamén chegou a terra firme, Venezuela. Aquel día de agosto Colón divisou tres illas, dúas delas pequenas, baixas e áridas (as actuais Coche e Cubagua), separadas por unha canle dunha terceira, maior, cuberta de vexetación e poboada de indíxenas que a chamaban Paraguachoa, vocábulo que significa segundo historiadores "peixes en abundancia" e segundo outros "xente de mar".

A illa de Margarita estaba habitada polos guaiqueríes, unha etnia aborixe que segundo Alexander von Humboldt falaba un idioma emparentado co warao.[2] Creada en 1525, a provincia de Margarita é a máis antiga das que en 1777 formaron a Capitanía Xeral de Venezuela.[3] En 1561 o conquistador Lope de Aguirre chegou á illa desde o Perú e tomou posesión dela por un tempo instaurando un réxime do terror. Antes de marchar a terra firme realizou numerosos saqueos, asasinou ao gobernador e centos dos seus poboadores.

Dependía da Real Audiencia de Santo Domingo ata 1739, cando foi anexada ao Vicerreinado de Nova Granada, xunto con outras provincias e desde 1777 forma parte da Capitanía Xeral de Venezuela. O 19 de abril de 1810 foi unha das sete provincias venezolanas que declararon a súa independencia da Coroa Española, e en 1830, ao disolverse a República de Colombia (Gran Colombia) e xurdir a República de Venezuela independente, foi tamén unha das súas 13 provincias orixinais. En 1864, ao dividirse o país en 20 estados e un Distrito Federal, Margarita tomou o nome de Estado Nova Esparta, na honra ao arroxo e coraxe do seu pobo. En 1881 pasou a ser unha sección do Gran Estado Guzmán Blanco (chamado Miranda desde 1889 ata 1898). En 1901, dous anos despois de que se restituíse a autonomía dos estados, retomou o nome de Nova Esparta, pero pérdeo outra vez entre 1904 e 1909, período no cal é incluída no Distrito Federal como Sección Oriental. Finalmente, en 1909 recupera a súa condición de estado e en 1948, anexa ao seu territorio a illa de Cubagua, mantendo como Estado o nome de Nova Esparta e como illa o de Margarita.

Para 2017, en diversos lugares da Illa, realizáronse protestas e manifestacións pola crise económica e social que vive Venezuela. Entre as partes afectadas menciónanse o sector turístico, pechando instalacións como o Museo Mariño.[4]

Castillo colonial na Illa de Margarita
Other Languages
Esperanto: Margarita Insulo
français: Margarita (île)
Bahasa Indonesia: Isla Margarita
Lëtzebuergesch: Isla Margarita
lietuvių: Margaritos sala
Nederlands: Isla Margarita
português: Ilha de Margarita
srpskohrvatski / српскохрватски: Margaritin otok
українська: Маргарита (острів)
oʻzbekcha/ўзбекча: Margarita (orol)