Illa da Virgen del Mar

Situación da Illa da Virgen del Mar en Cantabria

A Illa da Virgen del Mar é unha illa maciza de 7,9 hectáreas moi próxima á costa de Cantabria ( España), á que se une en baixamar mediante unha frecha de area, converténdose entón nun tómbolo. Está situada a poñente de Santander, preto de San Román da Llanilla. Na illa álzase unha ermida do século XII onde se custodia a imaxe da Virxe do Mar, que é a patroa de Santander e que cada ano pola súa festividade trasládase en procesión desde a illa á catedral santanderina e logo devolta outra vez ao lugar orixinal. A illa conta cun pequeno dique que a une a terra.

Other Languages