Ilerxetes

Situación dos ilerxetes.

Os ilerxetes eran un dos pobos que ocupaban parte da península Ibérica antes da chegada dos romanos. Formado a partir do substrato étnico indíxena, incorporaron múltiples influencias provenientes da Idade de Bronce e dalgunhas das tribos indoeuropeas que inmigraron á península no primeiro milenio antes de Cristo (xa na Idade do Ferro).

Xeografía

Estaban situados en parte do que sería coñecido posteriormente como a Tarraconense, dende o Baixo Urgell ata o río Ebro, ocupando o que na actualidade son as provincias de Huesca e de Lleida, ocupando as ricas concas do río Segre, o Noguera Pallaresa, o Noguera Ribagorzana, o Cinca e o Alcanadre, aínda que é impropio tratar de establecer fronteiras definidas naquela época. Áchanse sinais da súa presenza durante longos períodos na actual provincia de Zaragoza e o norte de Castelló, onde premían os edetanos.

A súa capital era Atanagrum, cuxa situación exacta se descoñece. Outra cidade importante era Ilerda, tamén denominada Iltirta ou Iltirda (a actual Lleida), e que en determinados momentos foi tamén capital, chegando a considerarse nalgúns períodos como a cidade máis grande na península ao norte de Sagunt.

Other Languages
aragonés: Ilerchetz
български: Илергети
català: Ilergets
English: Ilergetes
español: Ilergetes
euskara: Ilergete
français: Ilergetes
magyar: Ilergetesek
italiano: Ilergeti
русский: Илергеты