Igrexa católica siríaca

Igrexa católica siríaca
ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܩܬܘܠܝܩܝܬܐ
Historia
FundaciónSéculo I
FundadorTen como fundador ao apóstolo san Pedro. Separacións da Igrexa ortodoxa siríaca en 1662 (patriarca Ignacio André Akijan) e 1782 (patriarca Ignacio Miguel III Jarweh)
MotivoVolta á comuñón coa Igrexa católica
Separada deIgrexa ortodoxa siríaca
Parte deIgrexa católica
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
PapaFrancisco
Patriarca de AntioquíaIgnacio Xosé III Iunan
Estrutura15 eparquías
AgrupaciónsCongregación para as Igrexas orientais
Clasificación
GrupoCatolicismo
OrientaciónCristianismo oriental
Demografía e cultura
Fieis158.000[1]
PaísesLíbano, Siria, Iraq, Estados Unidos, Canadá, Francia
Linguas litúrxicasSiríaco
Ritos litúrxicosAntioquense
Outros datos
Sede centralBeirut
Páxina websyr-cath.org

A Igrexa católica siríaca (en siríaco: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܩܬܘܠܝܩܝܬܐ, ʿīṯo suryaiṯo qaṯolīqaiṯo) é unha Igrexa particular oriental da Igrexa católica. Esta igrexa do Levante comparte ritos e prácticas coa Igrexa ortodoxa siríaca.O patriarca de Antioquía desta Igrexa ten o título de patriarca de Antioquía e todo o Oriente dos sirios[2] e reside en Beirut. O patriarca actual, dende 2009, é Ignacio Xosé III Iunan.

  • notas e referencias

Notas e referencias

  1. Datos do Annuario Pontificio (en inglés).
  2. O título de Patriarca de Antioquía tamén é empregado por outras catro igrexas.
Other Languages