Idade Media

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mausoleo en Rávena de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos. O reino dos ostrogodos sucedeu ao Imperio Romano de Occidente, cuxa desaparición marca o inicio da Idade Media.
Detalle do barrio xudeu de Ribadavia, que conserva a súa estrutura e aspecto medieval.
Pintura italiana, probabelmente veneciana, de finais do século XV ou comezos do XVI, que representa a caída de Constantinopla en 1453. Este feito marca, para algúns, a fin da Idade Media.

A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América,[1] no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, literatura medieval, arte medieval, arquitectura medieval ou ciencia medieval). Certas sociedades non occidentais, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que se denominan tamén como Idade Media.

A 2015, os historiadores do período prefiren matizar esta ruptura entre Antigüidade e Idade Media de maneira que entre os séculos III e VIII adóitase falar de Antigüidade Tardía, que fora unha gran etapa de transición en todos os ámbitos: no económico, para a substitución do modo de produción escravista polo modo de produción feudal; no social, para a desaparición do concepto de cidadanía romana e a definición dos estamentos medievais, no político para a descomposición das estruturas centralizadas do Imperio romano que deu paso a unha dispersión do poder; e no ideolóxico e cultural para a absorción e substitución da cultura clásica polas teocéntricas culturas cristiá e islámica (en cadanseus espazos).[2]

Adoitase dividir en dous grandes períodos: Temperá ou Alta Idade Media (do século V ao X, sen unha clara diferenciación coa Antigüidade Tardía); e Baixa Idade Media (do século XI ao XV), que á súa vez pode dividirse nun período de plenitude, a Plena Idade Media (do século XI ao XIII), e os dous últimos séculos, ou Idade Media Tardía, que presenciaron a Crise da Idade Media ou do século XIV.

Se ben hai algúns exemplos de utilización previa,[Nota 1] o concepto de Idade Media naceu como a segunda idade da división tradicional do tempo histórico debida a Cristóbal Cellarius (Historia Medii Aevi a temporibus Constantini Magni ad Constaninopolim a Turcis captam deducta, Jena, 1688),[3] quen a consideraba un tempo intermedio, sen apenas valor por si mesmo, entre a Idade Antiga identificada coa arte e a cultura da civilización grecorromana da Antigüidade clásica e a renovación cultural da Idade Moderna —na que el se sitúa— que comenza co Renacemento e o Humanismo. A popularización deste esquema perpetuou un preconcepto erróneo: o de considerar á Idade Media coma unha época escura, sumida no retroceso intelectual e cultural, e un aletargamento social e económico secular (que á súa vez se asocia co feudalismo nos seus trazos máis escurantistas, tal como se definiu polos revolucionarios que combateron o Antigo Réxime). Sería un período dominado polo illamiento, a ignorancia, a teocracia, a superstición e o medo milenarista alimentado pola inseguridade endémica, a violencia e a brutalidade de guerras e invasións constantes e epidemias apocalípticas.[Nota 2]

Porén, neste longo período de mil anos houbo todo tipo de feitos e procesos moi diferentes entre si, diferenciados temporal e xeograficamente, respondendo tanto a influencias mutuas con outras civilizacións e espazos como a dinámicas internas. Moitos deles tiveron unha gran proxección cara ao futuro, entre outros os que sentaron as bases do desenvolvemento da posterior expansión europea, e dos axentes sociais que produciron unha sociedade estamental de base predominantemente rural pero que presenciou o nacemento dunha incipiente vida urbana e unha burguesía que co tempo levarán ao capitalismo.[4] Lonxe de ser unha época inmobilista, a Idade Media, que comezara con migracións de pobos enteiros, e continara con grandes procesos repoboadores (como o derivado da Reconquista na Península Ibérica, ou o Ostsiedlung en Europa Central e Oriental) viu como nos seus últimos séculos os antigos camiños (moitos deles vías romanas decaídas) se reparaban e modernizaban con airosas pontes, e se enchían de toda clase de viaxeiros (guerreiros, peregrinos, mercadores, estudantes, goliardos, etc.), encarnando a metáfora espiritual da vida coma unha viaxe (homo viator).[5]

Tamén xurdiron na Idade Media novas formas políticas, que van desde o califato islámico aos poderes universais da cristiandade latina (Pontificado e Imperio), ou o Imperio bizantino e os reinos eslavos integrados na cristiandade oriental (aculturación e evanxelización de Cirilo e Metodio); e, en menor escala, todo tipo de cidades estado, desde as pequeñas cidades episcopais alemás ata repúblicas que mantiveron imperios marítimos como Venecia; deixando na metade da escala á que tivo maior proxección futura: as monarquías feudais, que transformadas en monarquías autoritarias prefiguran o estado moderno.

Definición e caracterización

A Idade Media foi un período de aproximadamente mil anos que se caracterizou polo predominio do Cristianismo en todas as esferas da vida humana na Europa. A este período chámaselle ás veces pexorativamente idade das tebras, pois non tería ningunha creación filosófica ou científica autónoma. Tal idea é criticada por moitos expertos da actual xeración de estudosos da historia da ciencia, que tenden a ver o período de desenvolvemento económico e tecnolóxico que comezou por volta do século XII (permitido por factores como a diminución das invasións bárbaras, mudanzas climáticas etc.), como un importante requisito para o desenvolvemento científico na era moderna.

Aínda que se di que este período abarca desde a caída do Imperio Romano do Occidente ata a Reforma protestante, a ciencia coñeceu un período de preto de mil anos de falta de inspiración en comparación coa produción científica clásica. Vale lembrar que, usando o mesmo criterio, tamén se podería dicir que unha gran "falta de inspiración" tería atinxido o período da Roma Imperial, cuxos descubrimentos en termos de ciencias naturais ficaron moi lonxe das dos gregos (e iso a pesar do longo período de prosperidade proporcionado pola "Pax Romana").

Desafortunadamente, as nocións preconcibidas sobre o status da ciencia na Idade Media foron amplamente propagadas e, aínda hoxe, permanecen mitos como a falsa idea de que os estudosos medievais consideraban que a terra era chá.

Facer unha apreciación clara da Idade Media é complexo: este tipo de avaliación pode tornarse altamente política, pasando a depender moito de susceptibilidades relixiosas. Os católicos acostuman tendenciosamente a ser máis favorables á Idade Media, xa que se identifican coa tradición histórica da relixión cristiá dese tempo. Os protestantes, polo contrario, ven a Idade Media como un período de tebras e dan máis valor á Reforma protestante, que modificou profundamente a práctica relixiosa na Europa (norte) occidental.

Other Languages
Afrikaans: Middeleeue
Alemannisch: Mittelalter
aragonés: Edat Meya
asturianu: Edá Media
azərbaycanca: Orta əsrlər
تۆرکجه: اورتا عصرلر
башҡортса: Урта быуаттар
Boarisch: Middloita
žemaitėška: Vėdoromžē
беларуская: Сярэдневякоўе
беларуская (тарашкевіца)‎: Сярэднявечча
български: Средновековие
বাংলা: মধ্যযুগ
brezhoneg: Krennamzer
bosanski: Srednji vijek
буряад: Дунда зуун
català: Edat mitjana
čeština: Středověk
kaszëbsczi: Strzédnowiek
Deutsch: Mittelalter
dolnoserbski: Srjejźowěk
Ελληνικά: Μεσαίωνας
English: Middle Ages
Esperanto: Mezepoko
español: Edad Media
eesti: Keskaeg
euskara: Erdi Aroa
estremeñu: Edá Meia
فارسی: قرون وسطی
suomi: Keskiaika
Võro: Keskaig
føroyskt: Miðøldin
français: Moyen Âge
arpetan: Moyen Âjo
Nordfriisk: Madelääler
Frysk: Midsiuwen
Gaeilge: An Mheánaois
贛語: 中世紀
Gàidhlig: Meadhan-aoisean
हिन्दी: मध्ययुग
Fiji Hindi: Middle Ages
hrvatski: Srednji vijek
hornjoserbsce: Srjedźowěk
Kreyòl ayisyen: Mwayenaj
magyar: Középkor
հայերեն: Միջնադար
interlingua: Medievo
Bahasa Indonesia: Abad Pertengahan
íslenska: Miðaldir
italiano: Medioevo
日本語: 中世
Patois: Migl Iejiz
Basa Jawa: Abad Tengahan
한국어: 중세
kernowek: Osow Kres
Кыргызча: Орто кылымдар
Latina: Medium aevum
Lëtzebuergesch: Mëttelalter
Lingua Franca Nova: Eda medieval
Limburgs: Middeliewe
lumbaart: Medioévo
lietuvių: Viduramžiai
latviešu: Viduslaiki
македонски: Среден век
മലയാളം: മദ്ധ്യകാലം
монгол: Дундад зуун
मराठी: मध्य युग
Bahasa Melayu: Zaman Pertengahan
Mirandés: Eidade Média
မြန်မာဘာသာ: အလယ်ခေတ်
Napulitano: Medioevo
Plattdüütsch: Middelöller
Nedersaksies: Middeleewn
Nederlands: Middeleeuwen
norsk nynorsk: Mellomalderen
Nouormand: Mouoyen Âge
occitan: Edat Mejana
ਪੰਜਾਬੀ: ਮੱਧਕਾਲ
Picard: Moéyin Ache
Piemontèis: Età ëd mes
português: Idade Média
rumantsch: Temp medieval
română: Evul Mediu
русский: Средние века
русиньскый: Середновік
саха тыла: Орто үйэлэр
sicilianu: Mediuevu
srpskohrvatski / српскохрватски: Srednji vijek
Simple English: Middle Ages
slovenčina: Stredovek
slovenščina: Srednji vek
shqip: Mesjeta
српски / srpski: Средњи век
Seeltersk: Middeloaler
svenska: Medeltiden
Kiswahili: Zama za Kati
Türkmençe: Orta asyrlar
Türkçe: Orta Çağ
татарча/tatarça: Урта гасырлар
українська: Середньовіччя
oʻzbekcha/ўзбекча: Oʻrta asr
vèneto: Età de mezo
Tiếng Việt: Trung Cổ
West-Vlams: Middelêeuwn
walon: Moyinådje
吴语: 中世
მარგალური: შქა ოშწანურეფი
ייִדיש: מיטל אלטער
Zeêuws: Middeleêuwen
中文: 中世纪
Bân-lâm-gú: Tiong-sè-kí
粵語: 中世紀