Iain Banks

Ian M. Banks 2005.JPG

Iain Menzies Banks, nado o 16 de febreiro de 1954 en Dunfermline, e falecido o 9 de xuño de 2013 en North Queensferry, foi un escritor escocés de novelas de literatura xeral baixo o pseudónimo de Iain Banks e de ficción científica como Iain M. Banks.

Traxectoria

Seu pai foi un oficial no almirantado, e a súa nai foi nunha ocasión unha patinadora sobre xeo profesional. Sendo un neno a súa familia mudouse para a viliña de North Queensferry, na ribeira norte do estuario do Forth, onde se estableceu. Estudou o bacharelato en Greenock, no oeste do país, e posteriormente lingua inglesa, filosofía e psicoloxía na Universidade de Stirling.

Posteriormente mudouse a Londres, onde tivo distintos empregos que lle daban tempo de empezar a escribir. A súa primeira novela, The Wasp Factory, sobre os traumas dun mozo, rematouna con trinta anos e converteuse nun fulgurante éxito no mercado británico. A partir desta novela escribiu varias máis, de ficción contemporánea, mentres desenvolvía un alter ego, Iain M Banks, que á súa vez publicaba novelas de ciencia ficción. Moitos dos seus libros de ficción científica están baseados no universo de a Cultura (unha poderosa civilización de varias especies vivindo na nosa galaxia). A novela The State of the Art rexistra a chegada da Cultura ao planeta Terra.

Cando tivo éxito como novelista dedicouse profesionalmente á literatura, escribindo novelas en tres meses a ritmo intenso e descansando durante o resto do ano en North Queensferry.

Ideoloxía

Banks era socialista, pro-laico e independentista escocés. Rexeitou o galardón da Orde do Imperio Británico. A finais de 2004 Banks foi membro destacado dun grupo británico, composto por políticos e figuras mediáticas, que fixo unha campaña para acusar ao primeiro ministro, Tony Blair, de prevaricación trala invasión de Iraq en 2003. En protesta por esta invasión, rompeu o seu pasaporte e enviouno ao 10 de Downing Street.

É membro de honra da National Secular Society, unha asociación británica que promove o laicismo.

Vida persoal

Casou en 1992 cunha compañeira de traballo e permaneceu casado durante 25 anos. Nas últimas semanas da súa vida casou por segundo vez coa tamén escritora Adele Hartley, coa que levaba anos compartindo a vida.

En abril de 2013 anunciou que tiña un cancro de vesícula biliar e que lle quedaban poucos meses de vida. Faleceu nese mes de xuño.

Tiña unha gran colección de coches deportivos e de luxo, que acabou por vender enteira.

Other Languages
azərbaycanca: İen Benks
български: Иън Банкс
català: Iain M. Banks
čeština: Iain M. Banks
Cymraeg: Iain Banks
dansk: Iain Banks
Deutsch: Iain Banks
English: Iain Banks
Esperanto: Iain Banks
español: Iain Banks
eesti: Iain Banks
euskara: Iain Banks
suomi: Iain Banks
français: Iain Banks
Gaeilge: Iain Banks
Gàidhlig: Iain Banks
hrvatski: Iain Banks
magyar: Iain Banks
Bahasa Indonesia: Iain Banks
italiano: Iain Banks
한국어: 이언 뱅크스
Кыргызча: Иэн Бэнкс
Nederlands: Iain Banks
norsk nynorsk: Iain M. Banks
norsk: Iain Banks
polski: Iain Banks
português: Iain M. Banks
română: Iain Banks
русский: Бэнкс, Иэн
Scots: Iain Banks
srpskohrvatski / српскохрватски: Iain Banks
Simple English: Iain Banks
slovenščina: Iain Banks
српски / srpski: Ијан Бенкс
svenska: Iain Banks
українська: Ієн Бенкс