Iñaki de Juana Chaos

José Ignacio de Juana Chaos, máis coñecido como Iñaki de Juana Chaos, nado en  Legazpi o  21 de setembro de 1955, é un exmembro de Euskadi Ta Askatasuna, que tras a súa detención en 1987, foi condenado xudicialmente pola súa participación en 25 asasinatos a case 3.000 anos de prisión, dos que cumpriu pouco máis de 18 anos en aplicación da lexislación española entón vixente.

Atópase en liberdade dende o ano 2008 tras cumprir a súa condena, e en procura e captura por orde da Audiencia Nacional. [1]

Dende o ano 2006 converteuse nunha figura nos medios de comunicación con repercusións políticas por mor da súa falta de arrepentimento, xerándose un amplo debate sobre o sistema penal español. [2]

NO 2015, foi atopado na localidade venezolana de Chichiriviche, onde actualmente reside e rexenta unha licorería e Tasca chamada Jock's. [3] [4]

Other Languages